ESTE SÁBADO ACUDIU AO AUDITORIO GUSTAVO FREIRE, QUE ACOLLEU A GALA SOLIDARIA CON PALESTINA, CON ACTUACIÓNS DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA, PACO NOGUEIRAS OU O MAGO TETO

Rubén Arroxo: "Lugo está a converterse nunha das capitais de provincia con máis actividade cultural estendida durante todo o ano"

O Alcalde en Funcións amosou o seu compromiso coa celebración de eventos culturais para todos os públicos nos distintos espazos dispoñibles na cidade de Lugo

 

Este sábado acudiu ao Auditorio Gustavo Freire, que acolleu a Gala Solidaria con Palestina, con actuacións de Uxía Lambona e A Banda Molona, Paco Nogueiras ou o Mago Teto

Rubén Arroxo: "Lugo está a converterse nunha das capitais de provincia con máis actividade cultural estendida durante todo o ano"

 

Lugo, 13 de xaneiro de 2024. O Alcalde en Funcións do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, insistiu no seu compromiso coa celebración de eventos culturais para todos os públicos nos distintos espazos dispoñibles na cidade, unha oferta variada que considera "fundamental" xa que "sitúa a Lugo no mapa das persoas que buscan un lugar con opcións de ocio e entretemento".

Rubén Arroxo lembrou que "dende o Goberno continuamos coa nosa aposta firme pola realización de actividades culturais de calidade demostrada a nivel galego, estatal e internacional" . Unha realidade reflectida nos bos resultados de asistencia acadados cada ano e que "manteñen viva culturalmente a cidade durante os dous semestres de programación", afirmou o Alcalde en Funcións.

Esta programación cultural inclúe actividades de todo tipo durante a maioría dos días da semana. Concertos, teatros, presentacións de libros, exposicións, ou faladoiros que, segundo Arroxo, "permiten á veciñanza de todas as idades adentrarse e coñecer o mundo da cultura e de todas as súas ramas".

Un exemplo disto, explicou o Alcalde en Funcións, é a celebración da Gala Solidaria con Palestina no Auditorio Municipal, un evento que "permite coñecer e amosar o rechazo da veciñanza e do Goberno de Lugo fronte ao xenocidio que está a vivir o pobo palestino, á vez que podemos aportar unha pequena axuda directa a través da entrada solidaria".

Rubén Arroxo: "Lugo está a converterse nunha das capitais de provincia con máis actividade cultural estendida durante todo o ano"