ARROXO ACUDIÚ ACOMPAÑADO DA EDIL DE PARTICIPACIÓN, CRISTINA LÓPEZ, Á NADELA ONDE MANTIVO UNHA XUNTANZA CON VECIÑOS E VECIÑAS DA PARROQUÍA
Rubén Arroxo: "O Concello investirá máis de 20.000 euros nas festas das parroquias e barrios de Lugo"
O Alcalde en Funcións amosou o seu compromiso co apoio, dende a Área de Cultura, á celebración de eventos festivos en Lugo
Arroxo acudiú acompañado da edil de Participación, Cristina López, á Nadela onde mantivo unha xuntanza con veciños e veciñas da parroquía
Lugo, 14 de xaneiro de 2024. O Alcalde en Funcións do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, explicou que o Concello de Lugo, a través da Área de Cultura, ten reservador máis de 20.000 euros nos seus orzamentos para que as parroquías de Lugo e os barrios da cidade poidán contar con axudas do concello para a celebración de festas. Os eventos festivos contarán con grupos de música que o concello se encargará de pagar para achegar a cultura aos solicitantes que poderán ser das 61 parroquías do Concello ou dos barrios da cidade.
Rubén Arroxo lembrou que "dende o Goberno local queremos apoiar a quen, co su esforzo persoal, organiza as festas das súas parroquías ou dos seus barrios". As solicitudes deben ser feitas ante a Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua por integrantes das diferentes comisións ou asociacións que organicen as festas. O Concello, pola súa banda, achegará a presenza de un grupo de música, tras a correspondente avaliación da solicitude, para as festas de cada unha das parroquias ou barrios.
O Alcalde en funcións achegouse a Nadela, acompañado da edil de Participación, Cristina López, onde mantivo unha xuntanza con veciños e veciñas da parroquía agradecer a súa participación e a de 15 parroquias máis que se implicaron na elaboración do calendario editado por esta concellería. Cristina López destacou que "o noso rural e as nosas xentes son un piar básico da nosa sociedade, polo que quixemos homenaxealos dándolles o protagonismo que se merecen formando parte deste proxecto".
O calendario a terra entre as mans continúa co proxecto iniciado pola área de Participación a finais do 2019. Cada ano, elaborouse un calendario amosando a riqueza das imaxes almacenadas no arquivo municipal, con diversas temáticas cada ano. Todas as persoas interesadas poden recoller o seu calendario retirarse nas oficinas da área de Participación.