O BNG NA COMARCA DE LUGO MANTENSE ACTIVO PARA COLABORAR E AMOSAR PROPOSTAS PARA PALIAR OS EFECTOS DESTA CRISE SANITARIA

Olalla Rodil “dende os concellos temos que aplicar medidas sociais e económicas para paliar esta crise”

Olalla Rodil na xuntanza virtual

A deputada no Hórreo mantivo unha xuntanza de coordinación con membros locais da organización nacionalista

 

 

Olalla Rodil “dende os concellos temos que aplicar medidas sociais e económicas para paliar esta crise”

Lugo, 8 de abril de 2020. A deputada por Lugo, Olalla Rodil, mantivo unha xuntanza virtual con membros e concelleiros do BNG na Comarca de Lugo. Nesta valorouse a situación na que se atopan os concellos da comarca, e deste xeito, afondar na coordinación da organización á hora de facer fronte a esta crise sanitaria.

Por esta razón, desde o BNG impulsamos medidas concretas, en función a singularidade de cada concello, para paliar os efectos que xa está deixando esta crise. Pór medidas como a aplicación de axudas de emerxencia a todas aquelas familias que o precisen, desenvolver plans de carácter fiscal a través de aprazamentos, fraccionamentos ou condonacións de impostos, taxas ou recibos na que se apliquen en función da situación de cada persoa ou empresa, e tamén,  artellar plans de reactivación económica no eido municipal.

Olalla Rodil declarou “concordamos en aplicar medidas concretas, específicas a nivel municipal, para axudar desde un punto de vista social e económico ás familias que se están vendo máis prexudicadas polo enorme impacto socioeconómico co COVID-19 está a deixar no noso pais” neste sentido, Rodil recalcou “débense implementar medidas de forma urxente nos eidos sociais e económicos”

O Bloque Nacionalista Galego segue tendendo a man para tomar medidas e colaborar.

Olalla Rodil “dende os concellos temos que aplicar medidas sociais e económicas para paliar esta crise”