A EDIL DE TURISMO MANTIVO UNHA REUNIÓN TELEMÁTICA CON INTEGRANTES DA DIRECTIVA DA APEHL PARA PRESENTAR A PROPOSTA

Maite Ferreiro anuncia 200.000€ para a promoción turística unha vez remate a crise sanitaria

A área de Cultura e Turismo reforzará os espectáculos de rúa para atraer xente ao centro da cidade

Maite Ferreiro anuncia 200.000€ para a promoción turística unha vez remate a crise sanitaria

Lugo, 08 de abril de 2020. A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, mantivo unha xuntanza telemática con integrantes da directiva da APEHL para coñecer de primeira man a situación na que se atopa o sector da hostalería durante a crise do COVID-19. “Trátase dunha situación especial que está afectando enormemente a este sector”, afirmou Maite Ferreiro.

“Dende a área de Turismo realizaremos unha inversión de 200.000€ para reactivar o turismo na cidade unha vez remate esta crise”, afirmou Maite Ferreiro, que engadiu “a campaña estará dirixida a captar visitantes a Lugo e farase dacordo coas propostas que nos fagan desde o sector da hostalaría, ademais de profesionais e axentes relacionados co turismo”.

Segundo Maite Ferreiro, “aumentaremos tamén a programación de Rúa unha vez o permitan as autoridades sanitarias o permitan para reforzar o atractivo turístico da cidade e atraer xente ao centro”. Para a edil de Turismo, “Lugo é un atractivo de primeira orde dentro do denominado turismo de interior co que moi poucas cidades poden competir”.

Maite Ferreiro anuncia 200.000€ para a promoción turística unha vez remate a crise sanitaria