RUBÉN ARROXO: “ESTE TIPO DE XESTOS NON SUBSTITÚEN O PAPEL QUE DEBEN EXECUTARAS INSTIUCIÓNS”

As integrantes do Grupo Municipal do BNG doarán parte do seu salario do mesde abril a colectivos sociais

Grupo Municipal do BNG, con Ana Pontón e Olalla Rodil
Grupo Municipal do BNG, con Ana Pontón e Olalla Rodil

Os  5 edís, que forman, parte do goberno municipal no concello de Lugo, súmanse ás iniciativas do grupo do BNG no Parlamento Galego e do representante do Bloque nas cortes do Estado

 

As integrantes do Grupo Municipal do BNG doarán parte do seu salario do mesde abril a colectivos sociais

Lugo, 7 de abril de 2020. Os cinco concelleiros e concelleiras que integrando grupo municipal do BNG, seguindo as accións do Grupo Parlamentar e do deputado do BNG no congreso do Estado, doarán unha parte do seu salario do mes de abril a entidades que traballan con colectivos que se atopan nunha situación de risco dada a situación social.

 

“Como organización non cremos neste tipo de medidas, mais hai colectivos que están nunha situación de emerxencia extrema e que precisan de toda a axuda posíbel” explicou Rubén Arroxo, que engadiu “este tipo de xestos non substitúen o papel que deben executar as administracións”.

 

Segundo Rubén Arroxo, “para saír desta crise débense reforzar as políticas en servizos e protección social ante os recortes aos que se viron enfrontadas nos últimos anos”. 

As integrantes do Grupo Municipal do BNG doarán parte do seu salario do mesde abril a colectivos sociais