A CANDIDATA DO BNG VISITOU UNHA ADEGA TRADICIONAL EN RIBEIRAS DE MIÑO, ONDE COÑECEU “AS MANEIRAS DE PRODUCIR VIÑO QUE MESTURAN TRADICIÓN E MODERNIDADE”

Olalla Rodil“Galiza precisa dunha lei galega do viño que permita desenvolver todo o potencial deste sector”

“Precisamos un goberno galego forte que defenda os intereses das produtoras e produtores deste país”, afirmou Olalla Rodil

Olalla Rodil“Galiza precisa dunha lei galega do viño que permita desenvolver todo o potencial deste sector”

Lugo, 05 de xullo de 2020. A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, visitou unha adega tradicional en Ribeiras de Miño, onde afirmou que o BNG no goberno da Xunta unha nova lei galega do viño “acorde cunha nova política rural que aposte polo sector do viño e aborde os problemas que atravesa”.

Rodil puido coñecer nesta visita “as distintas maneiras de producir viño, mesturando tradición e modernidade”, e defendeu “un novo marco legal que fixe prezos da uva dignos para todas as produtoras e produtores e que permita  a chegada de novas produtoras ao sector vitivinícola”.

 “Desde a Xunta de Galiza debemos facilitar e incentivar tamén o relevo xeracional nesta actividade, unha acción que permitirá fixar poboación no rural, ademais de desenvolver os nosos montes de maneira sustentábel”, afirmou Olalla Rodil, que engadiu “a Ribeira Sacra ten un gran potencial, e cunha lexislación axeitada e compromiso político por parte da administración, un novo futuro é posíbel”.

 Segundo Olalla Rodil, “este 12 de xullo podemos ter un goberno galego que defenda os intereses das produtoras e produtores deste país no estado e en Europa”. Olalla Rodil animou “a facer historia e abrir unha nova Galiza este 12 de xullo convertendo a Ana Pontón na presidenta dun goberno cuxo único centro de decisión sexa Galiza”.

Olalla Rodil“Galiza precisa dunha lei galega do viño que permita desenvolver todo o potencial deste sector”