Olalla Rodil “garantir material e aplicar test masivos son precisos para poñer freo ao virus”

A deputada do BNG está mantendo xuntanzas virtuais para saber de primeira man o estado das traballadoras e traballadores da sanidade nesta crise do coronavirus na provincia de Lugo.

Olalla Rodil “garantir material e aplicar test masivos son precisos para poñer freo ao virus”

Lugo, 4 de abril de 2020. A deputada do BNG por Lugo, Olalla Rodil, mantivo unha xuntanza virtual con sanitarios da provincia para analizar a situación de primeira man na que se atopan os sanitarios de Lugo nesta crise do COVID-19.

 

Trasladáronlle a preocupación da gravidade na que se atopa a seguridade das traballadoras e traballadores por mor da falta de material no sistema sanitario galego. Problemática froito deste déficit, está producindo graves trastornos no desenvolvemento da actividade sanitaria polo alto nivel de estrés que está producindo a sensación de inseguridade e a falta de liderado interno onde exixen máis coordinación na área sanitaria.

 

“garantir os recursos necesarios é vital para as traballadoras e traballadores neste momento, grazas ao esforzo de todas e todos os servidores públicos da sanidade nesta situación tan crítica, demostran que os servizos públicos son un piar fundamental nesta sociedade” recalcou Olalla Rodil.

 

Desde o BNG tendemos a man para tomar medidas de forma urxente: aplicación de test masivos á poboación, empezando polos sectores e zonas de maior risco, como residencias de persoas da terceira idade; dotación de EPI’s a todas as persoas que deban intervir en zonas de risco  e, por último, a intervención da sanidade privada para poñela a disposición, enteiramente, do esforzo público de contención do COVID-19.

 

Olalla Rodil salientou “desde o BNG engadímonos ao recoñecemento colectivo das traballadoras e traballadores da sanidade pública que se amosa colectivamente todos os días ás oito da tarde, tamén a todas aquelas traballadoras e traballadores que manteñen en pé esta sociedade nesta situación que estamos padecendo”

Olalla Rodil “garantir material e aplicar test masivos son precisos para poñer freo ao virus”