Olalla Rodil "Non pode ser que unha persoa cobre en Lugo 243 € menos que no resto do estado”
A candidata ao Congreso por Lugo mantivo un encontro con pensionistas para presentar as propostas do BNG e recoller as súas inquedanzas
Lugo, 30 de outubro 2019. A candidata do BNG por Lugo, Olalla Rodil, mantivo na xornada de hoxe un encontro con persoas pensionistas para presentar as propostas do BNG e recoller as súas inquedanzas. A pensión media en Galiza, dacordo cos datos do propio Ministerio de Traballo, é de 843,01 €. Galiza ten a segunda pensión máis baixa do estado, solo por detrás de Extremadura (827 €). A pensión media estatal é de 993,11 € e supera en 150 € á galega. No caso de Lugo a situación é peor xa que a media das pensións está situada en 751.71 € esto supón que a discriminación a respecto da media do estado é de 243 €. Os mesmos datos do Ministerio sinalan que en Galiza hai un total de 766.086 de persoas que cobran unha pensión, máis do 28 % de toda a poboación galega.
A pensión media en Lugo é de 750,66 € e a media estatal é de 993,11 € “temos as segundas máis baixas do estado, precisamos representación en Madrid para mudar esta situación” sinalou Rodil
Olalla Rodil sinalou como “nos últimos anos as reformas do PP e do PSOE, dende o Congreso, foron encamiñadas a potenciar os plans privados de pensións en detrimento do sistema público de pensións”. Rodil sinalou as propostas fundamentais do BNG en esta materia e comprometouse a traballar, dende o Congreso, para acadar unha revaloración das pensións tendo en conta incremento do IPC e así garantir a necesaria calidade de vida para as persoas pensionistas. Tamén explicou que dende o BNG existe un compromiso para defender a recuperación da idade 65 anos como idade para xubilación. Rodil tamén destacou, como proposta do BNG, que “progresivamente se vaian elevando as pensións mínimas ao salario mínimo interprofesional”.
Rodil tamén insistiu na necesidade de eerrogar as reformas laborais por que precariza as condicións de traballo e o futuro das pensións.