Olga García “O BNG vai darlle a Castro de Rei o cambio que necesita, somos o proxecto para liderar o avance da nosa veciñanza”
O BNG presentou as persoas que conforman a candidatura para as próximas eleccións municipais do 28 de maio
Contou con diversas intervencións políticas das persoas candidatas, a candidata á alcaldía de Castro de Rei, Olga García Portela, e o responsábel de organización do BNG, Bieito Lobeira.
O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei presentou a súa candidatura nun acto público na carballeira de Castro Ribeiras de Lea, na súas senlleiras casetas do polbo.
Contou coas intervencións de diferentes integrantes da candidatura nacionalista, e tamén, coa palabras a candidata do BNG á alcaldía de Castro de Rei, Olga García Portela, e o responsábel de organización do BNG, Bieito Lobeira.
Durante o acto, Olga García presentou o seu equipo, o que destacou como “un grupo de 16 mulleres e homes está convencido nas posibilidades deste concello, e ademais, conta con toda a capacidade e con toda a ilusión para que xuntos lideremos o vindeiro goberno municipal”
Neste senso, a candidata do BNG subliñou “o BNG vai darlle a Castro de Rei o cambio que necesita, somos o único proxecto que pode liderar o avance da nosa veciñanza, baixo o criterio dunha xestión eficaz, o compromiso coa igualdade, a posta en valor dos nosos recursos, a defensa dos servizos públicos, é dicir, poñer no centro as necesidades das veciñas e veciños”
Olga García salientou que a candidatura do BNG “vai a por todas, Castro de Rei merece un cambio que poña todo o potencial deste concello a funcionar, con persoas honestas, traballadoras e con capacidade, e eses son os valores das persoas que conformamos esta lista”
Candidatura do BNG en Castro de Rei
1.- Olga García Portela
2.- Digna María Lagarón Doval
3.- Adrián Rodríguez Rancaño
4.- María Xosé Fernández Covos
5.- David Vivero Novo
6.- Iria Corredoira García
7.- Manuel Anllo Canto
8.- Natalia Alonso Freire
9.- José Luís Fernández García
10.- Ana Belén Veiga Teijeiro
11.- Alfonso Legaspi Veiga
12.- María Loli Linares Fernández
13.- Germán Naval Lage
Suplentes
María Angelines Freire Castro
Carlos Alberto Rodríguez Rodríguez
Serafín Carballo Carballeira