Pablo Ares “Begonte ten todo por gañar e a candidatura do BNG será quen active este concello”

O BNG desenvolveu un acto público onde se presentou as persoas que conforman a candidatura nacionalista ás eleccións municipais

Interviñeron a deputada no Parlamento galego, Olalla Rodil e o candidato do BNG á alcaldía de Begonte, Pablo Ares

Pablo Ares “Begonte ten todo por gañar e a candidatura do BNG será quen active este concello”

O Bloque Nacionalista Galego en Begonte deu a coñecer nun acto público as 15 persoas que integran a candidatura nacionalista ás eleccións municipais, que se celebraran o vindeiro 28 maio.

O acto contou coas intervencións de Pablo Ares, candidato do BNG á alcaldía de Begonte, e a deputada por Lugo e viceportavoz do BNG no Parlamento galego, Olalla Rodil.

Pablo Ares definiu a candidatura como “un gran equipo con capacidade e rigor para levar adiante un proxecto emocionante como é o BNG” e destacou “as mulleres e homes que están nesta lista son quen levarán a Begonte ao lugar que merece, un Begonte máis xusto, con máis dinamismo e, sobre todo, cun programa cheo de propostas para mellorar a calidade de vida da veciñanza”

Deste modo, o candidato nacionalista á alcaldía de Begonte subliñou “Begonte ten todo por gañar e a candidatura do BNG será quen active este concello, é necesario aplicar emoción e compromiso para revitalizar o noso rural, promover a creación de emprego, mellorar os servizos públicos, e sempre baixo a coherencia e a transparencia á hora de gobernar”

Ademais, Ares destacou que “o BNG é a única forza que vai desenvolver un proxecto que ilusione e poña funcionar todas as capacidades que posúe Begonte: saímos para que o 28 de maio Begonte conte cun proxecto sólido e con capacidade de transformar en positivo”


 

Candidatura do BNG en Begonte:

1.-Pablo Ares Ansede

2.-Uxía Ferreiro García

3.- María Mar Prado Cruz

4.- Sandra Carral Casanova

5.- Eliseo Gómez Jove

6.- Manuela Castro López

7.- Daniela Gómez Vázquez

8.- Xosé Lois Devesa Novo

9.- Purificación Ferreiro Fernández

10.- Luís Carro Salvat

11.- Manuel Ferreiro Fernández

Pablo Ares “Begonte ten todo por gañar e a candidatura do BNG será quen active este concello”