Ovidio Montaña “Becerreá merece unha Alcaldía con confianza nas capacidades e poñelas a funcionar”

O BNG realizou un acto público onde deu a coñecer a candidatura e as propostas de futuro para o cocello

Montaña destacou que Becerreá “merece melloras e servizos para revitalizar o concello e converterse na referencia na comarca dos Ancares”

 

Ovidio Montaña “Becerreá merece unha Alcaldía con confianza nas capacidades e poñelas a funcionar”

O Bloque Nacionalista Galego en Becerreá celebrou na casa da cultura da vila, un acto público aberto no que se deu a coñecer as persoas que conforman a candidatura nacionalista nestas eleccións municipais.

O acto contou con diversas intervencións, no que destacaron as de Olalla Rodil, deputada no Parlamento galego, Martín Gómez, candidato número dous e o candidato do BNG á alcaldía de Becerreá Ovidio Montaña.

Ovidio Montaña declarou “teño a sorte de contar cunha equipa de 12 persoas chea de experiencia, e o máis importante, que ampara as novas ideas que atraen á xente nova, por iso o proxecto do BNG para Becerreá é un camiño cheo de futuro”

Neste senso, o candidato do BNG subliñou que contan con numerosas ideas que “Becerreá merece unha Alcaldía con confianza nas capacidades e poñelas a funcionar, en todos os sectores produtivos, sobre todo cun énfase na gandaría xa que é un dos piares económicos deste concello, polo que impulsaremos un matadoiro ou unha sala de envasado para as e os  apicultores, tanto profesionais como familiares”

Por outra banda, Montaña destacou “Becerreá precisa dun novo rumbo, unha dirección clara para traballar por e para Becerreá, ese é o único obxectivo que ten esta candidatura, e por isto, o vindeiro 28 de maio deixaremos de lado o Becerreá triste por outro cheo de esperanza e ilusión”

 

Candidatura do BNG en Becerreá

1. OVIDIO MONTAÑA REGUEIRO

2. MARTÍN GÓMEZ SOUTO

3. MARÍA SABELA PÉREZ MARTÍNEZ

4. XOSÉ ANTÓN BAO ABELLEIRA

5. MIGUEL FERNÁNDEZ MÉNDEZ

6. MARÍA JOSEFA PARDO VUELTA

7. FRANCISCO XABIER MOURE SALGADO

8. MARÍA PILAR RODRÍGUEZ CANDO

9. JOSÉ ESPÍN MEJÍA

10. CARMEN ÁLVAREZ FERNÁNDEZ

11. ALFONSO GARCÍA MALLO

Suplentes

1. JOSÉ OSORIO FERNÁNDEZ

Ovidio Montaña “Becerreá merece unha Alcaldía con confianza nas capacidades e poñelas a funcionar”