Ermitas Rodríguez “Meira ten todo por gañar e o BNG será quen desenvolva este concello para poñelo no lugar que merece”

O BNG de Meira como de Pol, Castro de Rei, Riotorto e A Pastoriza visitaron a feira de Meira e mantiveron un encontro coa veciñanza destes concellos, os que tradicionalmente asisten a este evento

As nacionalistas amosaron as propostas e alternativas de cada localidade cun reparto de información

Ermitas Rodríguez “Meira ten todo por gañar e o BNG será quen desenvolva este concello para poñelo no lugar que merece”

 O Bloque Nacionalista Galego asistiu a feira quincenal da localidade de Meira, onde integrantes das localidades de Meira, Pol, Castro de Rei, Riotorto e A Pastoriza mantiveron un encontro xunto a veciñanza de cada lugar para amosar as propostas e alternativas que as nacionalistas levan no seus programas electorais.

A candidata do BNG á alcaldía de Meira, Ermitas Rodríguez, destacou “desenvolvemos esta visita porque nesta feira é un centro neurálxico do comercio como da vida social da nosa contorna, un espazo excepcional para poder dar a coñecer os programas de futuro que o BNG conta para cada concello”

Noutro senso, Ermitas Rodríguez destacou centrándose na súa localidade “Meira ten todo por gañar e o BNG será quen desenvolva este concello para poñelo no lugar que merece, con máis oportunidade laborais para a xente nova e emprendedora, cun sector agro-gandeiro dignificado e fortalecido, unha vila máis dinámica, en definitiva, un concello novo”

De igual xeito, a candidata nacionalista en Meira salientou “ este 28 de maio temos a oportunidade de emerxer un proxecto que ilusione, que traballe para poñer no centro ás persoas e que desenvolva todo o noso potencial e o BNG é a única forza que fai mover este principios para que Meira avance”

Ermitas Rodríguez “Meira ten todo por gañar e o BNG será quen desenvolva este concello para poñelo no lugar que merece”