AS ACTIVIDADES COMEZARÁN O DOMINGO 29

Palimoco Teatro realizará unha serie de actividades teatrais no Cemiterio de San Froilán

O aforo das actividades está limitado a 50 persoas
Palimoco Teatro realizará unha serie de actividades teatrais no Cemiterio de San Froilán

Lugo, 23 de setembro de 2019. A Concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, presentou no día de hoxe xunto con Pomba Luxilde, de Palimoco Teatro, as novas actividades teatrais do Cemiterio de San Froilán, que, segundo Cristina López, “pretenden achegar o cemiterio á veciñanza para desfrutar da calma e harmonía do recinto”. Cristina López convidou a todas e todos os lucenses a desfrutar “do teatro clásico na súa versión máis innovadora no entorno privilexiado do cemiterio”.

 

A primeira actividade deste ciclo será Quen ocupa esta cadeira?, que se realizará o domingo 29 ás 17 horas no recinto do cemiterio. Quen ocupa esta cadeira? é unha actividade a través da cal máis de 30 actores e actrices de idades comprendidas entre os 11 e os 57 anos farán monólgos de Shakespere, CHejov e Lorca entre outros autores.  A concelleira de Participación anunciou tamén que este ano se volverá contar coas representacións de Don Juan e Don Juanín, a cal terá lugar o domingo 27 de outubro.

 

Cristina López anunciou que esta actividade ten o aforo limitado a 50 persoas, e que só se poderá acceder con invitación, que se poderá retirar na Oficina Municipal de Turismo. Cristina López indicou que para máis información se pode acudir á web do cemiterio e ao 010.

Palimoco Teatro realizará unha serie de actividades teatrais no Cemiterio de San Froilán