O festival de artes na rúa Cartografía en Movemento terá lugar do 26 ao 28 de setembro

O festival de artes na rúa Cartografía en Movemento terá lugar do 26 ao 28 de setembro

Lugo, 23 de setembro de 2019. A Concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou no día de hoxe xunto con membros da Asociación 3 Monos a oitava edición do festival de artes na rúa Cartografía en Movemento, que se desenvolverá nas rúas da cidade 26 ao 28 de setembro.

 

Este ano o concello colabora con este festival, permitindo que se aumente a programación do mesmo e comezará o 26 de setembro coa presentación do libro Fulgor, da editorial lucense Ámboa, recentemente posta en marcha. .

 

O venres 27, a praza de Santa María encherase de danza de rúa. Por unha parte, coa bailarina lucense Esther Latorre, presentará a peza MAPA, gañadora do Certame Internacional de Coreografía Burgos-Nova Iork na categoría de espectáculos de rúa. Por outra banda, a actriz e bailarina galega Ánxela Blanco presentará Voos, peza creada no marco da Residencia Paraíso do 2018.

 

O sábado 28 haberá mostras durante todo o día, comezando co colectivo Géminis, que presentará a súa obra Constelación da Sororidade na ronda da Muralla. Na Rúa Bo Xesús, o Colectivo Sereno mostrará A Chave da Rúa. Na Praza Maior, Palomoquiños e cía interpretará Romeo pode ser unha Roca e Xulieta un Mapa.

 

Xa na tarde do sábado, poñerase fin ao festival con mostras en diversos puntos do centro da cidade. Comezarán con Cando a Terra foi Luz, de Ánxela Gracián na praza do Cantiño. A continuación, no interior da estación de autobuses, Elas mostrará o seu traballo titulado Xogando con C. Mar Freire mostrará O Pequeno Malecón na rúa Soto Freire, continuando Clementine na rúa do Hospital con A Historia non Esquecida. A praza Maior contará con Centro de Calma e o seu traballo titulado O Bosque dos Nosos, e unha vez remate, Cris Vilariño mostrará Cyan na porta de Santiago. O festival rematará co traballo do Colectivo 3 Monos Chirlomerlos  na praza Pío XII

O festival de artes na rúa Cartografía en Movemento terá lugar do 26 ao 28 de setembro