Pilar Bellón “imos a por todas este 28 de maio, O Corgo precisa xirar de dirección cara un proxecto preparado para avanzar”
O BNG deu a coñecer as persoas que conforman a candidatura do Bloque para as vindeiras eleccións municipais nun acto público
Interviñeron a candidata do BNG á alcaldía do Corgo, Pilar Bellón e a deputada por Lugo do BNG no Parlamento galego, Carme Aira
O Corgo, 21 de abril de 2023. O Bloque Nacionalista Galego no Corgo deu a coñecer a candidatura para as vindeiras eleccións municipais do 28 de maio nun acto público no centro sociocultural, o que contou coas intervencións da candidata do BNG á alcaldía do Corgo, Pilar Bellón e a deputada por Lugo no Parlamento galego, Carme Aira.
Pilar Bellón deu conta das 15 persoas que integran a candidatura nacionalista, a que destacou “estas mulleres e homes cheas de ilusión e convencidas das potencialidades deste concello saen a por todas este 28 de maio, O Corgo precisa xirar de dirección cara un proxecto preparado para acadar un goberno municipal disposto a gañar todo, a contar cun concello vivo”
Neste senso, a candidata nacionalista contou con novas incorporacións “cada día máis xente súmase ao BNG, xa que somos a única alternativa para poder avanzar; xente como Pablo Abuín, un mestre comprometido con este concello e que ten como referencia que no rural pode estar todo o que a xente moza precisa para desenvolver unha vida plena, ou Senén Díaz, un veterinario que quere ver como O Corgo se converte nun exemplo de boa xestión e de impulso da actividade agrogandeira, e de igual modo, Manuel Villanueva un horticultor que volver a sumar co BNG porque quere un concello máis xusto e dinámico”
Ademais, Pilar Bellón destacou que a candidatura do BNG “estamos preparados para liderar o vindeiro goberno municipal, cun proxecto capaz de desenvolver un traballo positivo para a veciñanza, gañando máis benestar e sempre desde a boa xestión, o rigor, a coherencia e o traballo incansábel”
Candidatura do BNG no Corgo:
1.- Pilar Bellón Candal
2.- Pablo Abuín Cedrón
3.- María Abuín Sanfiz
4.- María Consuelo Vázquez Castro
5.- Mario Outeiro Iglesias
6.- Sonia Rodríguez Páramo
7.- Senén Díaz Prado
8.- Héctor Vivero Álvarez
9.- Sandra López Álvarez
10.- Manuel Fernández López
11.- Jorge José Rodríguez Lozano
Suplentes:
María Concepción Cruz Pallares
José Luís Díaz López
María do Carme Vázquez Vázquez
Manuel Villanueva Gómez