EDILES DO BNG REUNÍRONSE CON REPRESENTANTES DA ASOCIACIÓN DE USUARIOS DA ESCOLA DE MÚSICA E DA DIRECTIVA DA ESCOLA

“A posibilidade dunha privatización da Escola Música sería inaceptable” dixo Arroxo

rIMG_8989

O voceiro do BNG advertiu que “o BNG non vai permitir que se privatice o último é máis exitoso servizo público creado neste concello”

“A posibilidade dunha privatización da Escola Música sería inaceptable” dixo Arroxo

Lugo, 24 de outubro de 2018. Ediles do BNG mantiveron xuntanzas coa Directiva da Escola Municipal de Música e coa Directiva da Asociación de Usuarios da Escola de Música para “coñecer a opinión e propostas das persoas que son directamente afectadas pola sentencia e que non se están tendo en conta”. Arroxo foi contundente, ante os rumores dunha posible privatización da Escola, “o BNG non vai permitir que se privatice o último é máis exitoso servizo público creado neste concello”.

Arroxo lembrou que “o BNG sempre apostou por unha modificación parcial da RPT para dar saída á actual situación que pon en perigo a continuidade da Escola Muncipal de Música e dos postos de traballo de docentes que tamén forman parte da Banda de Música” e engadiu que “a posibilidade dunha privatización da Escola Música sería inaceptable”.

Arroxo lembrou que Escola Municipal de Música foi posta en marcha no ano 2012 cando o BNG tiña responsabilidades de goberno e no momento da posta en marcha “houbo un acordo unánime das forzas políticas e sindicais para que a Escola empezase a funcionar”. Arroxo sinalou que “o problema da Escola non é o seu funcionamento, que é exemplar, se non cuestión técnico-administrarivas que o goberno municipal debe solventar”.

Rubén Arroxo sinalou que “está claro que o goberno municipal ten que ter a valentía política suficiente e aportar solucións para garantir a continuidade da Escola de Municipal de Música como o servizo público que é neste momento”. Dende o BNG xa se avanzou que “non imos permitir unha privatización da Escola de Música”. Arroxo advertiu “estaremos moi atentos a todos os pasos que se dan dende o goberno municipal, e entendemos que non se pode ir cara a privatización da Escola que foi, ata agora, exemplo de funcionamento do que debe ser un servizo público municipal”.

“A posibilidade dunha privatización da Escola Música sería inaceptable” dixo Arroxo