O BNG PROPÓN O USO DO PANTALÁN DOS ROBLES COMO ZONA DE ACCESO AO RÍO

“No primeiro ano de mandato, faremos a primeira zona de baño no río” anunciou Arroxo

IMG_0344

O candidato do BNG á alcaldía lembrou “é incrible que a maioría dos concellos do entorno teñan zona de baño e Lugo leve 10 anos esperando por ela”

“No primeiro ano de mandato, faremos a primeira zona de baño no río” anunciou Arroxo

Lugo, 13 de maio 2019. Rubén Arroxo anunciou que “no primeiro ano de goberno do BNG en Lugo, teremos feita a primeira zona de baño no río”. Rubén Arroxo sinalou que “despois de 10 anos de desinterese por parte dos gobernos municipais, o goberno do BNG levará adiante a creación de cinco zonas de baño dentro do entorno do río”.
Rubén Arroxo lembrou que “dende o 2009, cando por proposta do BNG se conseguiu por primeira vez a aprobación desta proposta, levamos insistindo en que se execute a tan ansiada zona de baño”, e engadiu “é incrible que a maioría dos concellos do entorno, malia seren moito máis pequenos, teñan zonas de baño fluviais e Lugo non fose capaz en todo este tempo de ter nin un acceso seguro ao río”.


Dende a formación nacionalista indicaron que xa no ano pasado o goberno do PSOE descartou a posibilidade de que Lugo contase cunha zona de baño no río neste mandato, convertendo o debate nunha longa lista de explicacións sobre informes e contra-informes entre as diferentes institucións. Segundo Arroxo, “cada vez que este tema saíu  á palestra, apareceu un ping-pong político entre PP e PSOE polos desencontros das institucións nas que gobernan”, e engadiu: “ata que non goberne o BNG, Lugo non contará cunha zona pública de baño”.
Pantalán dos Robles.


O candidato á alcaldía, Rubén Arroxo indicou que “aproveitaremos as infraestruturas de embarque do catamarán da Deputación, situadas na zona dos Robles, para que as persoas que queiran poidan utilizalas para acceder ao río”. Arroxo sinalou que “a actuación sería moi simple, non suporía un grande custo e daría servizo como zona de baño”, e explicou que “sinalizaremos a zona de destinaremos parte do persoal de salvamento que se contrata durante o verán para que se faga vixilancia específica nesta zona”.

“No primeiro ano de mandato, faremos a primeira zona de baño no río” anunciou Arroxo