O BNG INCLÚE NO SEU PROGRAMA PROPOSTAS PARA CONSOLIDAR O DEPORTE DE BASE E POTENCIAR DEPORTES ALTERNATIVOS APROVEITANDO O ENTORNO NATURAL E CREANDO NOVAS INSTALACIÓNS

Un novo campo de rugby, un skatepark e un polideportivo na zona de Abella propostas do BNG en materia de infraestruturas deportivas

IMG_0326

 “Co novo rochódromo, o entorno natural e as instalacións deportivas converteremos a Lugo en capital do turismo deportivo” afirmou Arroxo

Un novo campo de rugby, un skatepark e un polideportivo na zona de Abella propostas do BNG en materia de infraestruturas deportivas

Lugo, 12 de maio 2019. Rubén Arroxo, candidato á alcaldía do BNG por Lugo, presentou hoxe as propostas principais do programa de goberno en materia deportiva. Arroxo sinalou que Lugo contará cun rochódromo dos mellores de europa e aspiramos a crear instalacións singulares de deporte da natureza na zona dos Lagos de Teixeiro. “Co novo rochódromo, o entorno natural e as instalación deportivas que xa temos converteremos a Lugo en capital do turismo deportivo” afirmou Rubén Arroxo.

Arroxo nomeou tres propostas, das incluidas no programa, para crear novas instalacións deportivas: un pavillón polideportivo na zona de Abella, un skatepark e un novo campo de rugby. “A zona de Abella é unha das máis poboadas da cidade e non existe ningunha instalación onde a mocidade poida practicar deporte”. Outro dos compromisos será crear un skatepark “é unha instalación moi demandada e neste momento as rampas que hai en Frigsa son pouco axeitadas e incluso perigosas para a práctica das diferentes especialidades de patinaxe”.

Arroxo tamén anunciou a creación dun novo campo de rugby “en Lugo hai moita afición e este deporte está en expansión pero non existe ningún campo que, en debidas condicións, sexa unicamente adicado ao rugby”. O candidato á alcaldía do BNG sinalou “a gran cantidade de persoas que en Lugo practican deporte e tamén a gran cantidade de adestradores e equipos existentes” e avanzou “faremos que Lugo, cos equipos de base e con todos os deportistas e grandes equipos que levan o nome da cidade polo mundo se converta nun modelo de promoción deportiva para o resto do estado”.

Un novo campo de rugby, un skatepark e un polideportivo na zona de Abella propostas do BNG en materia de infraestruturas deportivas