Publícanse as listaxes provisionais de admisión nas escolas infantís municipais

Felipe Rivas

Felipe Rivas: "recuperamos as prazas eliminadas o ano pasado, ao optimizar a aplicación dos protocolos sanitarios"

As listaxes poden consultarse nos taboleiros de anuncios das escolas infantís, no taboleiro do Concello e nas oficinas da Concellería de Educación

Publícanse as listaxes provisionais de admisión nas escolas infantís municipais

Lugo, 20 de xullo de 2020. O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, informou que no día de hoxe se publicaron as listaxes provisionais de admisión nas escolas infantís xestionadas Concello de Lugo. Felipe Rivas informou que "a melloría da situación permitiunos recuperar as prazas eliminadas o ano pasado".

 

As listas poden consultarse durante os vindeiros 10 días hábiles nos taboleiros de anuncios das distintas escolas e do Concello de Lugo, ademais de nas oficinas da Concellería de Educación. O prazo para presentar alegacións estenderase até o 11 de xuño, mediante o rexistro electrónico do Concello de Lugo, o rexistro presencial solicitando cita previa ou calquera outro rexistro público.

2 anexos

 

 

Publícanse as listaxes provisionais de admisión nas escolas infantís municipais