Rubén Arroxo visita os traballos de ampliación de beirarrúas na ronda da República Arxentina
Rubén Arroxo: “trátase dunha actuación necesaria para favorecer a accesibilidade e mellorar os servizos públicos dunha da cidade”
A concellería de Infraestruturas Urbanas, que dirixe o edil Alexandre Penas, inviste 62.974,45€ nesta mellora
Lugo, 29 de maio de 2021. O Tenente Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, visitou os traballos de ampliación de beirarrúas que a área de Mobilidade e Infraestruturas está a realizar na contorna da rolda da República Arxentina. A área afectada comprende o treito de República Arxentina que discorre entre Pintor Corredoira e a rúa Santiago, que presentaba bastantes deficiencias e unha anchura insuficiente para o correcto tránsito de peóns. Rubén Arroxo afirmou que “con esta intervención pretendemos mellorar as deficiencias desta beirarrúa, adaptándoa ás normativas actuais sobre accesibilidade”.
A área de Mobilidade e Infraestruturas inviste 62.974,45€ nesta actuación, que ten un prazo de execución de un mes. Os traballos inclúen a renovación do pavimento actual con baldosas de formigón, aumentando o ancho da beirarrúa. Ademais, renovarase a rede de sumidoiros da zona e desprazarase a instalación de alumeado público até a nova marxe.
Rubén Arroxo afirmou que “esta intervención é necesaria para favorecer a accesibilidade das veciñas e veciños de Lugo, ao mesmo tempo que se melloran as instalacións de servizos públicos”.