Os Reis chegan a Lugo para realizar unha cabalgata estática e segura

Maite Ferreiro na chegada dos Reis

Maite Ferreiro recibiu aos Magos, que se achegaron á carpa da praza Horta do Seminario en vehículos históricos

Os Reis chegan a Lugo para realizar unha cabalgata estática e segura

Lugo, 05 de xaneiro de 2021. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, recibiu esta mañá aos Magos de Oriente, que chegaron á carpa habilitada na praza Horta do Seminario en vehículos históricos. Maite Ferreiro, xunto con representantes dos grupos da Corporación Municipal, acompañaron aos Magos, que recibirán até as 14 horas ás nenas e nenos que se acheguen. Pola tarde, entre as 17 e as 20 horas, os Magos visitarán a praza de Augas Férreas.

Durante a visita, os Magos de Oriente contaron coa ambientación musical do espectáculo Notas de Nadal, un espectáculo coa música e o baile como protagonistas que conta con tress intérpretes e bailaríns. Tradicionalmente, a chegada dos Reis celebrábase na Galiza cantando e tocando. Grupos de mozas e mozos percorrían as aldeas con gaitas, pandeireitas e cantigas pedindo un agasallo  Neste espectáculo, situado na praza Horta do Seminario desfrutouse das músicas e cantigas dos Cantos de Reis, que foron pasando de xeración a xeración durante séculos.

 

Durante a tarde, os Magos contarán na praza de Augas Férreas co acompañamento de Cartas de ilusión, un espectáculo de gran formato co que se recreará o lugar onde se centralizan as cartas que as nenas e nenos lucenses escriben aos Magos de Oriente. As Carteiras e Carteiros Reais son quen reciben milleiros de cartas cada ano, son quen as ordenan e clasifican para facerllas chegar aos Magos.A praza de Augas Férreas recreará unha oficina postal máxica, enchendo de vida esta oficina que poderá ser visitada por todas as veciñas e veciños de Lugo durante os días de hoxe e de mañá, onde poderán deixar no buzón real as cartas cos seus maiores desexos.

Os Reis chegan a Lugo para realizar unha cabalgata estática e segura