DURANTE AS MAÑÁS DOS SÁBADOS, TODAS AS COMPRAS DE MÁIS DE 40€ PUIDERON RECIBIR AGASALLOS COMO PARAUGAS, CUNCAS, PAPELEIRAS OU PLANTAS DE NADAL
Remata a campaña O noso Mercado é un Agasallo con máis de 1.000 agasallos entregados á veciñanza
Durante as mañás dos sábados, todas as compras de máis de 40€ puideron recibir agasallos como paraugas, cuncas, papeleiras ou plantas de nadal
Durante a campaña, os postos da Praza e do Mercado facturaron máis de 40.000€
Durante a campaña, os postos da Praza e do Mercado facturaron máis de 40.000€
29 dec. 2025 - 08:55
Lugo, 27 de decembro de 2025. A concelleira da área de Participación e Servizos á veciñanza, Cristina López, deu conta dos datos rexistrados na campaña "O noso mercado é un agasallo", que ten como obxectivo incentivar o consumo na Praza de Abastos e o Mercado Municipal e destacar a importancia de consumir produtos de proximidade no comercio local, especialmente durante a campaña de Nadal.
Durante as mañás dos sábados desde o 22 de novembro, rexistráronse máis de 1.000 compras de máis de 40 euros, facturando os distintos postos da Praza e do Mercado unha cifra superior aos 40.000 euros. Cristina López calificou a xornada de hoxe como "un dos días de maior facturación na Praza e no Mercado de todo o ano", e afirmou que "gran parte da veciñanza de Lugo aproveita estas dúas instalacións para realizar as súas compras de Nadal".
Durante a campaña, a área de Participación habilitou un posto no horario de apertura da Praza para que todas as persoas puideron achegarse cos tiques dos distintos postos da Praza e do Mercado e canxealos polos agasallos entregados cada día, entre os que se atopou material promocional da Praza e do Mercado como cuncas ou paraugas, ademáis de papeleiras ou plantas de nadal.