campaña
Novas

O BNG inicia unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar á Xunta a creación do Gran Parque Central de Lugo

Arroxo: "Este parque transformará a cidade, dando un aproveitamento real ao espazo da actual Estación de Autobuses unha vez entre en funcionamento a nova estación intermodal"

Rubén Arroxo e Antón Bao presentaron a campaña coa que o BNG sairá á rúa a compartir a súa proposta para este espazo

O portavoz do BNG destacou que esta proposta permitiría crear "un gran parque verde de máis de 27.000 metros cadrados, integrando os xardíns da Praza da Constitución e conectando coa Praza de Bretaña e o Vello Cárcere"

Ler novas
Novas

A Tenencia de Alcaldía celebra a chegada de Lugo aos 100.000 habitantes cunha campaña promocional en distintos puntos da cidade

Desde a Tenencia de Alcaldía colocáronse unha serie de infografías en distintos puntos da cidade mostrando a transformación executada nos últimos anos polas distintas áreas de goberno

Lugo fai historia ao superar por primeira vez aos 100.00 habitantes, converténdose na cuarta cidade galega en superar esta cifra

Cristina López: "Lugo está crecendo despois dun gran traballo facendo que as nosas rúas sexan lugares de referencia, seguiremos traballando para facer de Lugo un sitio mellor"

Ler novas
Novas

O BNG de Lugo continúa coa campaña para reclamar a apertura de aparcadoiros en edificios dependentes da Xunta de Galiza

Rubén Arroxo insistiu no exemplo do Goberno de Lugo á hora de dispoñer as infraestruturas públicas á veciñanza, tal e como fixo co aparcadoiro do Seminario

 Insta á Xunta a abrir os aparcadoiros do Edificio Administrativo da Xunta, do IES Virxe do Ollos Grandes e Lucus Augusti e da contorna da Facultade de Formación do Profesorado en horario de tarde

Ler novas