RUBÉN ARROXO: "REALIZAREMOS DIFERENTES INICIATIVAS PARA EVIDENCIAR OS 16 ANOS DE ABANDONO DA XUNTA, QUEN TEN AS COMPETENCIAS EN VIVENDA E RECLAMAR SOLUCIÓNS ANTE UNHA SITUACIÓN LÍMITE"

O BNG lanza unha campaña para reclamar á Xunta "que actúe ante a actual situación da vivenda"

Rubén Arroxo, portavoz do BNG en Lugo, presentou a campaña de vivenda do BNG acompañado polas deputadas Olalla Rodil e Montse Valcárcel, e por concelleiras e concelleiros

Rubén Arroxo: "Realizaremos diferentes iniciativas para evidenciar os 16 anos de abandono da Xunta, quen ten as competencias en vivenda e reclamar solucións ante unha situación límite"

O BNG lanza unha campaña para reclamar á Xunta "que actúe ante a actual situación da vivenda"




Lugo, 22 de xaneiro de 2025. O portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, presentou a campaña de vivenda coa que o BNG realizará, nos vindeiros meses, "unha serie de actos para reclamar que a Xunta se poña a traballar e cumpra coas súas competencias en materia de vivenda". Arroxo estivo acompañado polas deputadas do BNG no Parlamento de Galiza Olalla Rodil e Montse Valcárcel, e por concelleiras e concelleiros do BNG en Lugo. A presentación fíxose no barrio da Tinería, un exemplo, segundo explicou Rubén Arroxo, "do abandono da Xunta de Galiza cun proxecto de rehabilitación dun barrio construíndo vivenda pública".

O BNG desenvolverá nos vindeiros meses distintas accións, tanto a pé de rúa como a través de redes sociais, para achegar á veciñanza as propostas para mellorar a situación da vivenda "e garantir o acceso de toda a veciñanza a un dereito universal como unha vivenda digna". Ademais, Arroxo anunciou que o BNG presentará iniciativas tanto no Concello como no Parlamento a este respecto. Rubén Arroxo afirmou que "o PP está a prometer agora o traballo que non fixo nos últimos 15 anos, mais a realidade é que levamos desde o ano 2009 vendo retrocesos neste eido".

A proposta do BNG baséase nun novo modelo baseado en tres grandes eixos: aumentar o parque público e estender a perpetuidade a cualificación de toda a vivenda protexida, intervir no mercado libre para limitar o prezo do aluguer, e establecer unha rede de protección social que garanta que ninguén se queda na rúa sen un teito baixo o que vivir.
Rubén Arroxo afirmou que "en Lugo é imprescindible rematar a rehabilitación da Tinería, continuando co plan iniciado no 2005 cando o BNG era responsábel da Consellería de Vivenda, e paralizado polo PP".

O BNG lanza unha campaña para reclamar á Xunta "que actúe ante a actual situación da vivenda"