O TENENTE ALCALDE DESTACOU O COMPROMISO DO GOBERNO LOCAL POR MANTER UN TRANSPORTE ACCESIBLE E SOSTIBLE PARA A CIDADANÍA

Rubén Arroxo: "Malia que non foi renovado o decreto do estado que permitía os descontos en transporte publico, os buses urbanos de Lugo non se van ver afectados"

O Tenente Alcalde destacou o compromiso do goberno local por manter un transporte accesible e sostible para a cidadanía

O 2024 foi un ano histórico para o bus urbano, acadando o récord de persoas usuarias desde que se gardan rexistros

 

Rubén Arroxo: "Malia que non foi renovado o decreto do estado que permitía os descontos en transporte publico, os buses urbanos de Lugo non se van ver afectados"

 

Lugo, 23 de xaneiro de 2025. "Malia que non foi renovado o decreto do estado que permitía os descontos en transporte publico, os buses urbanos de Lugo non se van ver afectados, e continuarán a ser os máis baratos de Galiza e os terceiros máis económicos de todo o Estado". Así o anunciou Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo e responsable da área de Mobilidade, quen destacou o compromiso do goberno local por manter un transporte accesible e sostible para a cidadanía.

"En Lugo queremos que o transporte urbano siga sendo unha opción cómoda e accesible para todas as persoas, e manter as tarifas actuais é unha prioridade dado que o bus urbano é unha ferramenta clave para mellorar a mobilidade e a calidade de vida na nosa cidade", sinalou Arroxo.

O Tenente Alcalde aproveitou para lembrar que o 2024 foi un ano histórico para o bus urbano, acadando o récord de persoas usuarias desde que se gardan rexistros. "O pasado ano expedíronse 2.219.312 billetes, unha cifra que confirma que cada vez máis veciñas e veciños optan por este medio de transporte. Isto demostra que as medidas postas en marcha polo Concello, como a reformulación das liñas, están a funcionar".

Rubén Arroxo animou á cidadanía a seguir apostando polo bus urbano como unha alternativa económica, práctica e sostible. "Queremos que Lugo sexa unha cidade cada vez máis accesible para as persoas, e iso pasa por promover o uso dun transporte público eficiente que, ademais, evita os problemas asociados ao tráfico e ao aparcamento".

Rubén Arroxo: "Malia que non foi renovado o decreto do estado que permitía os descontos en transporte publico, os buses urbanos de Lugo non se van ver afectados"