O EXEDIL ENCABEZA A ÚNICA CANDIDATURA PRESENTADA AO ORGANISMO DE DIRECCIÓN DO BNG EN LUGO

A Asemblea Local do BNG escolle a Antón Bao como novo responsábel local


O exedil encabeza a única candidatura presentada ao organismo de dirección do BNG en Lugo

A Asemblea Local do BNG escolle a Antón Bao como novo responsábel local



Lugo, 20 de xaneiro 2025. O exconcelleiro do BNG e mestre xubilado, Antón Bao, foi escollido responsábel local do BNG de Lugo, completando o proceso de renovación dos organismos da fronte enmarcados nos traballos posteriores á Asemblea Nacional do BNG. Bao encabeza a única candidatura presentada, na que figuran o portavoz do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, e concelleiras e concelleiros do BNG na localidade e militantes vencelladas a distintos sectores.

"Afrontamos este novo período con ganas e forza para expandir o proxecto do BNG en Lugo", explicou Antón Bao, que destacou a importancia da militancia á hora de tomar decisións no seo do BNG. "A militancia do BNG somos os encargados de decidir a liña política e as decisións de peso dentro da organización", explicou Bao.

O consello local está formado por un total de 15 persoas, ás que se sumará a persoa escollida pola organización xuvenil do BNG, Galiza Nova. Antón Bao pasará a formar parte tamén do Consello Comarcal do BNG. 

 


Candidatura ao Consello Local do BNG

1 Antón Bao Abelleira
2 Iria Buide
3 Xosé Luís Varela
4 Maite Ferreiro
5 Rubén Arroxo
6 Cristina López
7 Xosé Paz
8 Carme Salvadores
9 Lois Neto
10 Beatriz Cedrón
11 Vitor Otero
12 Paz Abraira
13 Alexandre Espiño
14 Beatriz Pérez
15 Luís Blanco

Suplentes:
Beatriz Jato
Daniel Cabana
Brenda González

A Asemblea Local do BNG escolle a Antón Bao como novo responsábel local