A EDIL DE CULTURA DESTACOU "A RELEVANCIA DE CÁNTIGAS NO TECIDO CULTURAL DE LUGO"
Maite Ferreiro reúnese coa nova directiva de Cántigas e Frores
A edil de Cultura destacou "a relevancia de Cántigas no tecido cultural de Lugo"
Lugo, 20 de xaneiro de 2025. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, reuniuse coa nova directiva de Cántigas e Frores. Maite Ferreiro destacou "a importancia de Cántigas no tecido cultural lucense", e destacou a colaboración que desde esta asociación se mantén coa área de Cultura á hora de organizar diversas actividades.
A concelleira de Cultura e a directiva de Cántigas avaliaron as actividades conxuntas de cara ao 2025. Ferreiro destacou que a programación cultural de Lugo é "ampla e diversa, con contidos de calidade recoñecidos por diversos premios a nivel galego, estatal e internacional, e cunha gran selección de actividades durante todo o ano".
Cántigas e Frores celebra neste 2025 o seu 77 aniversario. Entre a programación máis relevante organizada coa área de Cultura destacan o festival de música e baile tradicional integrado na programación do San Froilán ou a Feira do 48, que recibe o seu nome do ano de nacemento da Asociación.