REALIZÁRONSE NOVOS PASOS DE PEÓNS ELEVADOS NOS COLEXIOS ROSALÍA, ILLA VERDE E PARADAI, E NO INSTITUTO DA PIRINGALLA

Remata unha nova fase do plan de calmado de tráfico nos entornos escolares que está a levar a cabo a área de Mobilidade

Rubén Arroxo destacou a importancia do calmado dotráfico “para que os peóns sexan os protagonistas na mobilidade”

Remata unha nova fase do plan de calmado de tráfico nos entornos escolares que está a levar a cabo a área de Mobilidade

Lugo, 16 de xullo de 2020. O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, visitou, xunto co edil de Educación, Felipe Rivas a rúa Angelo Colocci, onde nas últimas semanas se colocaron pasos de peóns elevados, enmarcados no plan de calmado de tráfico nos entornos escolares que a área de Mobilidade está a realizar nos últimos meses. Segundo Rubén Arroxo, , “a maiores realizáronse tamén nos entornos dos colexios Rosalía, Illa Verde e Paradai”.

O Tenente de Alcalde explicou que realizaron “oito pasos de peóns elevados nas rúas Roi Xordo, Angelo Coclocci, Alexandre Bóveda Galiza, e Mariña Española”. Modificáronse tamén estes pasos “para aumentar a seguridade e a accesibilidade das veciñas e veciños”, segundo explicou Rubén Arroxo, que explicou que “na rúa Roi Xordo, o paso de peóns trasladouse a un punto máis cercano á porta do centro, no canto da curva onde estaba ata o inicio da actuación, para gañar en visibilidade”.

Na Rúa Galiza realizáronse actuacións para aumentar a accesibilidade, na rúa Mariña Española prolongouse a beirarrúa na entrada secundaria, reducindo a lonxitude dopaso de peóns e aumentando a seguridade do entorno, ademais creouse un refuxio de peóns no paso diante docentro educativo para dispoñer dun cruce máis seguro evitando o xiro de vehículos no propio paso de peóns.

Rubén Arroxo destacou a importancia deste plan “para avanzar de cara a unha nova mobilidade na que os peóns, e neste caso especialmente as nenas e nenos, sexan os protagonistas”. Arroxo afirmou que "estamos a traballar complementando as medidas que implanta a Dirección Xeral de Tráfico, encamiñadas a cidades con tráficos calmados e menos vehículos a motor circulando”.

Remata unha nova fase do plan de calmado de tráfico nos entornos escolares que está a levar a cabo a área de Mobilidade