ARROXO: "SEGUIREMOS A DEFENDER Á VECIÑANZA AFECTADA POR UN PROXECTO QUE SEGUE A SER DECLARADO COMO INICIATIVA EMPRESARIAL PRIORITARIA"
Representantes de ADEGA e do BNG reúnense con veciñas e veciños afectados pola planta de biometano proxectada en Coeses

Integrantes da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza explicaron os últimos avances realizados tras a denegación da Autorización Ambiental Integrada por parte da Xunta
Arroxo: "Seguiremos a defender á veciñanza afectada por un proxecto que segue a ser declarado como iniciativa empresarial prioritaria"
Lugo, 07 de abril de 2025. Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo e portavoz do BNG no Concello, acompañado pola deputada do BNG no Parlamento Galego, Montse Valcárcel, e Daniel López Bispo, representante da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, ADEGA, mantiveron un encontro coas veciñas e veciños afectados polo proxecto de planta de biometano proxectado para o monte veciñal de Coeses, onde explicaron os últimos avances despois de que a Xunta de Galiza denegase a autorización ambiental integrada para a planta. Arroxo afirmou que o BNG seguirá a traballar ata conseguir a paralización definitiva "dun proxecto que a Xunta recoñeceu que tiña deficiencias, mais a maior das definciencias é que a Xunta de Galiza, en mans do PP, declarase isto como iniciativa empresarial prioritaria".
Arroxo parabenizou á veciñanza por manter "unha loita exemplar e mantida no tempo contra a posible instalación da planta". Sinalou que "o BNG sempre estivo e estará a carón da veciñanza, tanto a nivel institucional como apoiando as diversas mobilizacións que protagonizaron" e valourou o papel feito dende o grupo parlamentar e o desenvolvido polo goberno municipal de Lugo do que forma parte o BNG.
Na xuntanza, debateuse a actualidade despois de que a empresa presentase un recurso baseado nun suposto incumprimento de prazos por parte da CHMS. O BNG e ADEGA coincidiron en "non dar por pechado o conflicto e animaron a veciños e veciñas en manter vivas as lexitimas reivindicacións da plataforma ata que o procedemento esté totalmente pechado". O Tenente Alcalde e voceiro do BNG remarcou "o impacto de unha planta de este estilo preto das vivendas pode ser brutal e a Xunta de Galiza ten que protexer ás persoas e ao mediambiente" criticou un vez máis o feito de que se declarase a planta como iniciativa empresarial prioritaria.