TÉCNICOS DE DIFERENTES SERVIZOS MUNICIPAIS ANTENDERON OS TRABALLOS NUNHA DAS FIESTRAS ARQUEOLÓXICAS MÁIS IMPORTANTES DA CIDADE
“Resulta curioso que se limpe a fiestra arqueolóxica de San Marcos despois do Arde Lucus” dixo Arroxo
Para o BNG “é mostra da falta de planificación deste goberno que lles impediu a miles de visitantes a unha festa histórica disfrutar dos restos do acueducto romano da cidade”
Lugo, 19 de abril de 2018. O voceiro do BNG, Rubén Arroxo, lamentou “a falta de previsión do goberno municipal” que iniciou hoxe, un día despois do remate das festas do Arde Lucus, os traballos para recuperar a visibilidade dos restos arqueolóxicos na praza de San Marcos. Para o BNG “é mostra da falta de planificación deste goberno que lles impediu a miles de visitantes a unha festa histórica disfrutar dos restos do acueducto da cidade”. Puidéronse a ver a técnicos de diferentes municipais tentando dar solución a un problema que foi denunciado en diferentes ocasións pero que o goberno municipal parece que non tivo tempo a atender con anterioridade.
Rubén Arroxo sinalou que “se debería ter un especial coidado e atención coa posta en valor dos restos arqueolóxicos e históricos para que estén visibles e accesibles para todas as persoas que nos visitan durante a festa do Arde Lucus”. A fiestra arqueolóxica conta cun sistema para evitar condensación que inxecta aire a temperatura ambiente que debería evitar as condensacións de auga, permitindo a visualización nítida dos restos romanos. Os restos que se amosan en San Marcos teñen dous niveles, o inferior é un muro corrido de opus caementicium -formigón composto de morteiro de cal e area con trozos irregulares de pedra- de época romana, e construcción datada do século I despois de Cristo.
Segundo os técnicos o estado de conservación da base romana, que se pode ver nesta fiestra arqueolóxica, é mellor que o da estrutura medieval, pola maior calidade construtiva. O muro romano mide 96 centímetros de ancho e 30 de alto e sobre él aséntase unha estructura de pizarra unida con arxila que os arqueólogos atribúen a unha reforma posterior, de en torno ao século XII. Esta estrutura é máis ancha que a romana. Mide 1,47 metros e todo parece indicar que fora construída para aumentar o volume hídrico da canle, e coincide con unha época de expansión demográfica da cidade.