Reúnese o xurado para escoller o cartaz do San Froilán 2022
Maite Ferreiro: “continuamos a traballar nunha nova edición do San Froilán, a volta da gran festa do outono galego despois de dúas edicións con restriccións sanitarias”
O xurado escolleu unha obra gañadora entre 40 propostas para o San Froilán, e 6 para o San Froilán Miúdo
Lugo, 21 de xuño de 2021. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, recibiu esta mañá no concello a Cruz Lago, NoemÍ López e Bruno López, que conformaron o xurado que escolleu o cartaz da edición 2022 San Froilán e do San Froilán Miúdo. Maite Ferreiro explicou que “estamos a traballar nunha nova edición do San Froilán, a volta da gran festa do outono galego despois de dous anos con restriccións sanitarias”.
O xurado escolleu un deseño entre os 40 participantes para o San Froilán e 7 para representar o Miúdo. A autora do cartaz gañador do San Froilán recibirá un premio de 2.000€, mentres que a gañadora do miúdo recibirá material de pintura e debuxo valorado en 300€.
A proposta gañadora para o San Froilán foi a obra Sorrisos, de Alfredo León Mañú, e na categoría infantil, escolleuse Ven ao San Froilán, os polbos voarán, de Rosalía Longarela Santos, de 12 anos.
Maite Ferreiro afirmou que “anualmente coñecemos a gran calidade das deseñadoras e deseñadores co concurso de deseño do cartaz do San Froilán, un certame xa consolidado entre as deseñadoras e deseñadores”, e engadiu “tamén vemos a gran calidade dos debuxos das rapazas e rapaces que anualmente se presentan a este certame”.