A concellería de Infraestruturas Urbanas realiza adaptacións en beirarrúas de distintos puntos da cidade
Alexandre Penas: "continuamos a traballar para favorecer a accesibilidade en toda a cidade"
A concellería de Infraestruturas realizou nos últimos actuacións de mellora da accesibilidade, actuando en preto de 100 rúas de toda a cidade
Lugo, 21 de novembro de 2022. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas anunciou que vén de comezar unha nova intervención para mellorar a accesibilidade na contorna da Avenida da Coruña. Alexandre Penas explicou que "con esta actuación mellorarase a altura dos rebaixes dos pasos de peóns, adaptacións específicas para garantir que as persoas con mobilidade reducida poidan circular pola vía pública sen barreiras".
A concellería de Infraestruturas Urbanas realizou nos últimos anos en preto dun cento de rúas espalladas por toda a cidade. Penas explicou que “ademais de realizar máis de 50 pasos de peóns elevados, que garanten que o cruce sexa a cota 0, nos últimos anos actuamos nun importente número de pasos de peóns para mellorar os rebaixes”.
Alexandre Penas lembrou que "desde a concellería de Infraestruturas traballamos nos distintos barrios da cidade, mellorando a estética da zona e as condicións de vida da veciñanza, e planificando o traballo segundo as solicitudes das veciñas e veciños".