Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitan a rúa Rafael de Vega
O Tenente Alcalde destacou que "esta actuación realízase a partir dunha solicitude da veciñanza da zona, para mellorar a zona da man de quen mellor a coñece"
A área de Mobilidade e Infraestruturas inviste 221.427€ nesta actuación, que garante a accesibilidade para todas as persoas da zona
Lugo, 12 de xuño de 2021. O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, visitou a rúa Rafael de Vega xunto con veciñas e veciños da zona. Rubén Arroxo explicou que "con esta actuación atendemos a unha solicitude da veciñanza da zona, e durante todo o proceso estamos a ter en conta as necesidades das veciñas e veciños para garantir o mellor resultado posíbel, mellorando a zona da man de quen mellor a coñece". Arroxo afirmou que “os traballos continúan avanzando a bo ritmo, seguindo a planificación da área de Infraestruturas e da empresa adxudicataria”
O proxecto da nova zona peonil foi elaborado pola área de Mobilidade e Infraestruturas mantendo xuntanzas coas veciñas e veciños da zona, contando co seu apoio e tendo en conta as súas necesidades para transformar esta rúa.
O Goberno de Lugo adxudicou os traballos a Construcciones Sanle Lugo, que presentou unha oferta por valor de 221.427€ e un prazo de execución de 6 meses. A actuación foi proxectada para garantir a accesibilidade de toda a veciñanza da zona.
"Trátase dunha zona da cidade que conta con moita poboación e que ata o de agora non tiña zonas adicadas ao uso e desfrute da veciñanza", explicou Rubén Arroxo, que engadiu "desde o Goberno de Lugo seguimos traballando en crear zonas para a veciñanza, como as xa feitas no Sagrado Corazón e en Río Sil, ou as que se están a planificar nos distintos barrios".