A concellería de Infraestruturas renova o asfalto da zona industrial da Campiña
Alexandre Penas: “trátase dunha zona na que a diario asiste un gran número de persoas a traballar, e que conta xa cun asfalto totalmente renovado”
A concellería de Infraestruturas actuou nas dúas pistas que comunican a N-640 coas naves da Campiña
Lugo, 13 de xuño de 2022. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou as pistas que unen a N-640 coas naves da Campiña, zona na que o Goberno de Lugo vén de renovar o asfalto. Alexandre Penas explicou que “continuamos a traballar na mellora das infraestruturas da cidade con esta actuación, que permitirá mellorar as comunicacións das veciñas e veciños que traballan nesta zona”.
A solución adoptada consiste na aplicación dunha capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, o que asegurará que a intervención sexa duradeira. Nos vindeiros días renovarase a sinalización horizontal da zona e adaptaranse as distintas tapas de rexistro á nova altura da banda de rodadura.
"Continuamos a traballar na mellora dos barrios da cidade e das zonas industriais, mellorando a calidade de vida das veciñas e veciños que a diario utilizan estas rúas”, afirmou Alexandre Penas.