O BNG impulsa unha moción para facer cumprir os dereitos laborais do SAF

Mónica  García
Mónica García

O Bloque defende o incremento salarial nun 6,5% segundo o convenio actual

Mónica García, responsábel local do BNG “o SAF é un servizo esencial, o que hai que dignificar e defender

O BNG impulsa unha moción para facer cumprir os dereitos laborais do SAF

Vilalba, 13 de xuño 2022.- O Bloque Nacionalista Galego en Vilalba presenta unha moción na que se solicita a revisión das condicións de traballo das traballadoras e traballadores do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

A moción demanda ao pleno do Concello de Vilalba a que inste tanto á Xunta de Galiza como ao goberno municipal a mellorar as condicións contractuais e velar polo cumprimento do convenio colectivo do SAF. Neste último caso, demándase aboar ás traballadoras e traballadores un incremento salarial do 6,5%, dereito recollido neste acordo laboral.

Mónica García, responsábel local do BNG en Vilalba, declarou “o Servizo de Axuda no Fogar é un servizo esencial, débese cumprir cos seus dereitos e valorizar o seu traballo como merecen, polo que desde o BNG impulsamos esta moción xa que hai que dignidicar e defender este servizo”

A responsábel nacionalista destacou que os acordos laborais do Convenio Colectivo de Atención ao Fogar teñen a obriga de cumprirse “o Concello de Vilalba debe facer cumprir á empresa adxudicataria con estes acordos laborais, é parte dos pregos de condicións do servizo”

 

 

O BNG impulsa unha moción para facer cumprir os dereitos laborais do SAF