NO BARRIO DA CHEDA PROCEDERASE, TAMÉN, AO PAVIMENTADO DA RÚA RÍO SAR QUE É UNHA DAS POUCAS QUE QUEDAN SE ACONDICIONAR NESTE BARRIO
Rubén Arroxo e Alexandre Penas visitaron o arranque das obras na rúa Pousadela no barrio da Cheda
Alexandre Penas “temos previstas actuacións en vías municipais do centro da cidade e tamén nos barrios para activar a vida en Lugo”
19 nov. 2019 - 10:07
Lugo, 17 de novembro de 2019. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas, visitaron o inicio das obras de asfaltado da rúa Pousadela. Arroxo explicou que se vai a intervir no tramos entre o barrio da Cheda e a ronda do Carme, “un tramo que precisaba de ser acondicionado por que ademais é utilizado por moitas veciñas e veciños da Cheda xa que é o camiño máis curto cara o centro da cidade” sinalou Arroxo e engaidu “Estamos traballando para activar os barrios con actuacións demandadas pola veciñanza”. No barrio da Cheda, comezou a intervención para proceder ao asfaltado do tramo da rúa Pousadela entre a ronda do Carme e o propio barrio da Cheda. Esta actuación conta cun orzamento de 15.851€. Alexandre Penas sinalou que “no pasado mandato o propio Rubén Arroxo, como concelleiro da oposición, trasladou ao goberno municipal a necesidade de arranxar esta vía e agora, dende o goberno, acometemos a obra para cumplir coas veciñanza”. Penas tamén informou que “en breve” se cometerá, tamén, o pavimentado da rúa Río Sar que é unha das poucas que quedan se acondicionar neste barrio.