Rubén Arroxo anuncia a achega de 381.143,08€ para o transporte urbano de Lugo

O Concello de Lugo foi beneficiario da liña de subvencións posta en marcha polo goberno do Estado para paliar as perdas de viaxeiros durante o confinamento

Rubén Arroxo agradeceu ao persoal municipal e ao Ministerio de Transportes “o traballo realizado para tramitar esta achega para o transporte público”

Rubén Arroxo anuncia a achega de 381.143,08€ para o transporte urbano de Lugo

Lugo, 11 de xuño de 2021. O Tenente Alcalde e concelleiro de Mobilidade, Rubén Arroxo anunciou que o Concello de Lugo recibirá unha subvención de 381.143,08€ do Ministerio de Transportes, dentro da liña de axudas posta en marcha para paliar a perda de viaxeiros no transporte urbano durante o confinamento. Arroxo explicou que “desde a nosa chegada ao Goberno de Lugo traballamos en mellorar o transporte público, e durante a pandemia tivemos que aumentar o esforzo para ofertar un servizo á veciñanza que o necesitaba, garantindo o cumprimento das medidas sanitarias”.

 

Segundo os datos da área de Mobilidade, o total de pasaxeiros diarios na semana do 2 ao 6 de marzo de 2020 foi de 8620, mentres que na última semana do mesmo mes, unha vez comezado o confinamento foi de 1344. Na liña 9A, que conectaba o centro co Ceao, pasouse dunha media de 839 a 130 pasaxeiros. Nas liñas do HULA, pasouse de 524 a 131 na antiga liña 8 e de 534 a 113 na antiga liña 14. No resto de liñas que circulaban polos barrios da cidade, a media de ocupación baixou de 444 a 51 pasaxeiros. Segundo Rubén Arroxo, “no confinamento, o momento puntual con máis pasaxeiros nun bus foi de 24 persoas nun bus do HULA con máis de 100 prazas”. Arroxo lembrou que durante todo o período de confinamento.

O Tenente Alcalde agradeceu tanto aos servizos municipais como ao persoal do Ministerio de Transportes o traballo realizado para tramitar estas axudas, e destacou a importancia das mesmas, “o que nos permitirá compensar as perdas durante os meses nos que as veciñas e veciños de Lugo non puideron saír da casa”.

 
 
 
Rubén Arroxo anuncia a achega de 381.143,08€ para o transporte urbano de Lugo