Rubén Arroxo: ”despois de dous anos de goberno estase a ver o cambio en Lugo”
O Tenente Alcalde valorou os dous primeiros anos de mandato municipal desde as eleccións do 2019
“Seguimos a folla de ruta coa que a veciñanza confiou en nós ao presentanos ás eleccións”, afirmou Arroxo
Lugo, 14 de xuño de 2021. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, valorou positivamente os dous primeiros anos de mandato desde a conformación do novo Goberno Municipal despois das eleccións do ano 2019. Arroxo afirmou que “despois de dous anos estamos a ver como se poñen en marcha os grandes cambios que necesitaba a cidade, como a remodelación do servizo de transporte urbano, ou as peonalizacións da Mosqueira e de Quiroga Ballesteros”.
Arroxo destacou que “nestes dous anos seguimos a folla de ruta coa que a veciñanza confiou en nós nas eleccións do 2019, mellorando desde o primeiro día cuestións como o mantemento da rede viaria, moi necesario nas zonas urbanas e periurbanas da cidade para garantir a calidade de vida das veciñas e veciños”. Arroxo puxo en valor as medidas postas en marcha desde a Concellería de Infraestruturas, como o calmado de tráfico nos entornos escolares e a mellora da seguridade viaria nos puntos negros da cidade, como o cruce de Fontiñas con San Eufrasio que axudaron a reducir o número de accidentes de tráfico
Nas actuacións da área de Cultura, o Tenente Alcalde destacou a ampla programación posta en marcha desde a chegada ao goberno, e a rapidez coa que se repensou a actividade cultural para facilitar que toda a veciñanza tivera acceso á cultura durante o confinamento e coa desescalada, o que, segundo Rubén Arroxo, “permitiu levar adiante iniciativas como o Muralleando Sen Parar ou o San Froilán 2020, que converteron a Lugo nun exemplo de como levar adiante actividades culturais de xeito seguro”.
No tocante á área de Participación, Arroxo destacou os traballos realizados na Praza de Abastos e no Mercado Municipal, coa adxudicación de novos postos e a mellora dos espazos, ademais do traballo realizado no Cemiterio Municipal, un dos poucos do estado de xestión totalmente pública, e no que neste mandato se realizou a primeira ampliación desde o ano 2006.
O Tenente Alcalde destacou o traballo realizado pola concellería de Educación para garantir as axudas para libros de texto ás familias con baixos recursos. Arroxo afirmou que “a solicitude destas axudas simplificouse nos últimos dous anos, e para o curso 2021-22 as familias recibirán os cheques de libros nas primeiras semanas de actividade escolar”. Ademais, Arroxo destacou que “as accións de calmado do tráfico motivaron a algunhas comunidades escolares e anpas a poñer en marcha os primeiros pasos para contar con itinerarios escolares seguros que agardamos poñer en marcha a comezos do vindeiro curso escolar”.