Rubén Arroxo e Maite Ferreiro visitaron as instalacións de ASPNAIS

Arroxo destacou a labor da asociación, “que permitiu a moitas persoas mellorar a súa calidade de vida”

O centro acolle a máis de 150 persoas usuarias, e conta con máis de 40 profesionais da atención a persoas con discapacidade intelectual

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro visitaron as instalacións de ASPNAIS

Lugo, 14 de xuño de 2021. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, acompañado da edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro e Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas Urbanas, visitaron as instalacións de ASPNAIS, ubicadas no antigo hospital de San Xosé. Arroxo destacou a labor realizada por esta asociación, que destacou como “unha peza clave da historia recente de Lugo, que permitiu a moitas persoas mellorar a súa calidade de vida”.

 

Durante a visita, coñeceron as instalacións nas que desenvolven a súa actividade máis de 150 persoas usuarias, e que contan con máis de 40 profesionais da atención a persoas con discapacidade intelectual, distrubuídas entre as áreas de centro de día, residencia e centro ocupacional.

 

A Asociación de Pais e Titores de Persoas con Discapacidade Intelectual de Lugo constituíuse en xaneiro de 1966 por un grupo de pais co fin de cubrir as necesidades especiais dos seus fillos. O obxectivo fundamental da asociación dende o momento da súa creación é integrar social, educativa e laboralmente ás persoas con algún tipo de discapacidade intelectural. 

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro visitaron as instalacións de ASPNAIS