Rubén Arroxo anuncia a apertura da pasarela de Fontiñas
Rubén Arroxo: "desde hoxe, as veciñas e veciños de Lugo poden desfrutar desta infraestrutura, que mellorará a accesibilidade e dará solución aos distintos problemas de accesibilidade do centro de saúde"
O muro inferior da pasarela conta cun mural realizado polo viñetista Luís Davila
Lugo, 08 de xullo de 2022. O Tenente Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, informou da apertura da pasarela peonil do Centro de Saúde de San Roque. O Tenente Alcalde explicou que "despois do remate dos traballos e dos trámites administrativos, abrimos esta nova infraestrutura á veciñanza", e engadiu “a partir de hoxe as veciñas e veciños de Lugo contan con esta infraestrutura, que soluciona os problemas de accesibilidade do Centro de Saúde”.
A pasarela construída polo Goberno de Lugo une o comenzo da rampa que da acceso ao centro médico coa parte alta da escalinata Primavera, pasando por riba da entrada do carril do xuízo, segundo o estipulado na normativa vixentes sobre accesibilidade e permitindo o paso de vehículos pola parte inferior. Isto permite conectar este centro de Saúde coa Rolda de Fontiñas sen ter que subir as costas, aproveitando o ascensor de Fontiñas. No muro inferior, o Goberno de Lugo contou co viñetista Luís Davila para a elaboración dun mural.
A pasarela conta cun gálibo de máis de 4 metros, permitindo a circulación de vehículos pola súa parte inferior, e ten unha lonxitude de 34,68 metros
Rubén Arroxo explicou que "desde a área de Mobilidade estudamos, desde a nosa chegada ao goberno, as distintas alternativas para darlle solución a este obstáculo, especialmente importante na unión do Centro de Saúde coa rúa Primavera e coa rúa Peña Anda, dando continuidade ao ascensor xa instalado e solucionando unha reclamación da veciñanza da zona".