Rubén Arroxo anuncia a instalación de 10 novas marquesinas para o bus urbano

Arroxo: “continuamos a mellorar o servizo de transporte público atendendo a solicitudes da veciñanza”

O Goberno de Lugo adquiriu marquesinas para 10 paradas da cidade, cun investimento de 61.651,82€

 

Rubén Arroxo anuncia a instalación de 10 novas marquesinas para o bus urbano

Lugo, 29 de xullo de 2022. O Tenente Alcalde e concelleiro de Mobilidade, Rubén Arroxo, anunciou que o Goberno de Lugo vén de comezar a instalar 10 novas marquesinas para o bus urbano. Arroxo explicou que “continuamos a mellorar o servizo de transporte público, atendendo ás solicitudes que nos chegaron por parte da veciñanza reclamando novas marquesinas en distintas zonas da cidade”.

 

O Goberno de Lugo adquiriu 10 novas marquesinas, que supuxeron un investimento de 61.651,82€. As novas marquesinas estanse a instalar nas paradas da Avenida Carvalho Calero 18, Avenida de Magoi 69, Avenida de Magoi 23, Rúa San Roque, Ronda da Muralla 118, Obras Públicas, Avenida da Coruña 344, Avenida da Coruña 394, Estrada Vella de Santiago (Balneario) e Rúa Armórica.

 

“Continuamos a traballar na mellora e ampliación do mobiliario urbano, escoitando as solicitudes da veciñanza e traballando para mellorar a imaxe da cidade”, afirmou Rubén Arroxo, que engadiu “continuamos avanzando de cara a unha mobilidade máis ecolóxica na que a xente aposte polo transporte urbano no canto de usar o vehículo privado”.

 

Rubén Arroxo anuncia a instalación de 10 novas marquesinas para o bus urbano