Maite Ferreiro participa na presentación do libro e da exposición Atlánticas, Mulleres do Nordés, de Vicki Ribadulla

A exposición consta de 27 acrílicos sobre lenzo, e pode visitarse no Vello Cárcere ata finais de mes

A presentación contou coa intervención da autora, xunto ás poetas Luz Airado e Beatriz Dourado, ademais da colaboración de Area López e Lola Barrientos

Maite Ferreiro participa na presentación do libro e da exposición Atlánticas, Mulleres do Nordés, de Vicki Ribadulla

Lugo, 04 de xuño de 2022. A concelleira de Cultura de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, participou na presentación do libro e da exposición Atlánticas, Mulleres do Nordés, da pintora Vicki Ribadulla. A actividade contou coa participación das poetas Luz Airado e Beatriz Dourado, e coa colaboración de Area López e Lola Barrientos.

Maite Ferreiro afirmou que esta mostra é “unha nova proposta para coñecer a obra desta pintora, que permitirá coñecer distintas escenas da costa da morte”.  A mostra consta de 27 acrílicos sobre lenzo, xunto con 3 lonas de 1x2 metros cada unha.

 

A artista, Vicki Ribadulla, definiu a Atlánticas, Mulleres do Nordés, como “unha declaración de principios e unha toma de postura ante unha forma de vida e unha cultura do mar da que formo parte por legado e por desexo e que é intrínseca ao ser da Costa da Morte, de forma moi intensa, a presenza do lugar onde vivo- Muxía-, está en todo o proxecto, mais é un microcosmos exportable, metáfora de moito máis”.

Maite Ferreiro participa na presentación do libro e da exposición Atlánticas, Mulleres do Nordés, de Vicki Ribadulla