O PORTAVOZ DO BNG CRITICOU O CAMBIO DE POSTURA DO PARTIDO POPULAR A RESPECTO DA LINGUA GALEGA "QUE ESTÁ VIVINDO UN MOMENTO MOI COMPLICADO A NIVEL DE FALANTES"

Rubén Arroxo: "Ayuso está a marcar a liña das e dos deputados do PP galegos, que agora están en contra de que o galego se use na Unión Europea"


O portavoz do BNG criticou o cambio de postura do Partido Popular a respecto da lingua galega "que está vivindo un momento moi complicado a nivel de falantes"

O BNG manterá a mesa de recollida de sinaturas para reclamar á Xunta o Gran Parque Central nas tardes deste xoves e venres

Rubén Arroxo: "Ayuso está a marcar a liña das e dos deputados do PP galegos, que agora están en contra de que o galego se use na Unión Europea"



Lugo, 29 de maio de 2025. O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, realizou declaracións á entrada do pleno municipal de maio nas que manifestou unha dura crítica á recente postura do Partido Popular sobre o recoñecemento oficial do galego na Unión Europea. Arroxo cualificou de “sorprendente e tráxico” o cambio de rumbo do PP, lembrando que “no Parlamento galego defenderon a oficialidade do galego na UE, pero agora, por imposición da liña máis radical dirixida por Isabel Díaz Ayuso, mesmo o presidente da Xunta de Galiza se opón a que a lingua propia de Galiza se fale en Europa, cando hai poucos meses defendían o contrario”.

O portavoz do BNG advertiu que “a nosa lingua está vivindo un momento moi complicado, con datos escalofriantes especialmente entre a xente máis nova”, e cualificou de “auténtica traizón” este xiro do Partido Popular galego, que atribuíu á presión do sector máis conservador do partido.

No eido local, Rubén Arroxo puxo o foco sobre a necesidade de avanzar no proxecto de creación do Gran Parque Central de Lugo. “Estamos a recoller sinaturas para amosar que existe un gran apoio social a esta iniciativa, só onte foron varios centos as persoas que se sumaron”, explicou Arroxo. O BNG manterá a mesa de recollida de sinaturas nas tardes deste xoves e venres, e en próximas datas presentará unha iniciativa no Parlamento galego para instar á Xunta a recuperar un proxecto que xa se debatera no seu día: “este espazo público debe ser máis completo, con parque, aparcadoiro e aproveitando as obras para soterrar as rúas Cidade de Vigo, o que permitiría crear un gran aparcadoiro para o centro e un gran espazo público verde”.

Segundo Arroxo, “o parque, xunto coa Praza da Constitución e a Mosqueira, permitiría sumar dúas hectáreas de zona verde, un auténtico luxo para a cidadanía, ao carón da Muralla”.

Rubén Arroxo: "Ayuso está a marcar a liña das e dos deputados do PP galegos, que agora están en contra de que o galego se use na Unión Europea"