Rubén Arroxo e Cristina López reúnense co persoal da tenda Zara do centro
Rubén Arroxo: “agardamos que a empresa facilite ao máximo a transición das traballadoras ao novo centro”
Lugo, 02 de marzo de 2023. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, xunto coa concelleira Cristina López, mantiveron unha xuntanza coa delegada da CIG da tenda de Zara ubicada na rúa Conde Pallares. Os edís interesáronse pola situación laboral das 28 traballadoras da tenda tras a decisión da empresa de pechar a tenda e trasladaron todo o apoio da organización ao persoal.
Rubén Arroxo e Cristina López coincidiron en destacar “a importancia de que todas as traballadoras e traballadores conserven o seu posto de traballo noutra tenda da cadea en Lugo” e valoraron positivamente que a empresa esté xa a traballar nisto. Arroxo afirmou que “temos claro o noso compromiso coas traballadoras e traballadores, por iso agardamos que a empresa facilite ao máximo a transición das traballadoras ao novo centro”.