A Asemblea Local do BNG aproba a súa candidatura ao Concello de Lugo

Rubén Arroxo encabeza unha lista “con 25 persoas de diferente perfís, con mocidade e persoas de recoñecida traxectoria profesional”

Arroxo: “imos a por todas, queremos o apoio da veciñanza para seguir convertendo a Lugo nun lugar mellor”

A Asemblea Local do BNG aproba a súa candidatura ao Concello de Lugo

 

Lugo, 01 de marzo de 2023. A asemblea local do BNG en Lugo aprobou a única proposta de candidatura presentada para concorrer ás vindeiras eleccións municipais do mes de maio. Rubén Arroxo encabezará a candidatura que, nesta ocasión, estará pechada pola escritora Marica Campo. O BNG apostou pola continuidade das e dos concelleiros que conforman o actual Grupo Municipal, “para continuar a traballar no cambio que iniciamos en Lugo neste período”.

 

O BNG aprobou as 25 persoas que conformarán a candidatura, da que Rubén Arroxo destacou “a incorporación de mocidade e de persoas que teñen unha recoñecida traxectoria profesional en diversos ámbitos”. Na candidatura destaca a implicación social de gran parte das integrantes e a súa participación en movementos culturais, veciñais, sociais e sindicais.

“Buscamos que estivesen representados diferentes sectores profesionais e contar cunha variada presenza de persoas vencelladas a colectivos sociais” dixo Arroxo e sinalou a inclusión na candidatura de persoal da sanidade, funcionarios, deportistas, persoas xubiladas, profesionais independentes, autónomos, persoal do ensino e da universidade, estudantes, etc...

 

Candidatura

 

  1. Rubén Arroxo Fernández (arquitecto técnico)
  2. Maite Ferreiro Tallón (administrativa)
  3. Alex Penas Roibás (traballador social)
  4. Cristina López Fernández (diplomada en relacións laborais)
  5. Felipe Rivas Jorge (técnico de telecomunicacións)
  6. Iria Buide Pena (técnica en Anatomía Patolóxica)
  7. Alberte Fernández Fraga (funcionario no INSS)
  8. Alexandre Espiño Castro (enxeñeiro industrial)
  9. Natalia Cabana Rancaño (enfermeira)
  10. Xosé Lois Varela Piñeiro (profesor de tecnoloxía)
  11. Beatriz Cedrón Vilar (traballadora social)
  12. Lois Neto López (secretario de organización da CIG en Lugo)
  13. Beatriz López Dorado (profesora de lingua)
  14. Carme Longarela Penas (mestra xubilada)
  15. Xosé Paz Fernández (traballador da seguridade)
  16. Sandra Sánchez Pérez (educadora)
  17. Pedro Guerreiro Iglesias (xestor)
  18. Beatriz Pérez Traseira (profesora de idiomas)
  19. Avelino Basanta Regueira (piloto de rally)
  20. Sabela López Núñez (traballadora da seguridade)
  21. Pedro Pillado García-Xesto (programador informático)
  22. Carme Pérez Arias (enfermeira pediátrica)
  23. Francisco Ulloa Prado (veterinario)
  24. Rexina Álvarez Prada (economista)
  25. Marica Campo Domínguez (escritora)
A Asemblea Local do BNG aproba a súa candidatura ao Concello de Lugo