Rubén Arroxo informou que comezou a retirada das cabinas telefónicas inutilizadas da cidade

Rubén Arroxo: "Lugo contaba con 32 cabinas desde as que se realizaban 0 e 10 chamadas ao mes, e supoñían un problema para a accesibilidade en moitos puntos da cidade"

O Tenente Alcalde destacou o a boa disposición de Telefónica “para colaborar na mellora da cidade e avanzar na retirada destas infraestruturas totalmente obsoletas”

Rubén Arroxo informou que comezou a retirada das cabinas telefónicas inutilizadas da cidade

Lugo, 01 de decembro de 2021.  O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que vén de comezar a desmontaxe das cabinas telefónicas da cidade. Arroxo explicou que “hai unhas semanas contactamos con Telefónica para buscar vías de colaboración que nos permitisen retirar as cabinas telefónicas da cidade que estaban completamente abandonadas, e que supoñían problemas para a accesibilidade de moitas veciñas e veciños". De un total de 32 cabinas telefónicas repartidas por toda a cidade quedaran instaladas aquelas que mantiñan entre 10 e 30 chamadas mensuais que son as situadas en Rúa Quiroga, Ronda de Paradai e fronte a estación de autobuses na pza da Constitución.

Arroxo explicou que "a lexislación vixente permite a retirada das cabinas que non foron utilizadas durante o último ano ou as que non funcionan", e engadiu "desde o Goberno de Lugo buscamos mellorar a imaxe da cidade retirando infraestruturas que quedaron completamente obsoletas". O Goberno de Lugo traballou da man con Telefónica, a empresa encargada do mantemento das cabinas, para "retirar todas as cabinas que sexan posibles, cumprindo coa legalidade vixente", segundo explicou Rubén Arroxo.

O Tenente Alcalde afirmou que "hoxe comezaron os traballos de desmontaxe das cabinas, que se están a executar coordinadamente entre Telefónica e as brigadas municipais", e engadiu, "nos vindeiros días retiraranse as cabinas abandonadas das distintas zonas, o que permitirá mellorar a imaxe da cidade e o benestar das veciñas e veciños. Lugo contaba con 32 cabinas desde as que se realizaban 0 e 10 chamadas ao mes, e supoñían un problema para a accesibilidade.

Rubén Arroxo informou que comezou a retirada das cabinas telefónicas inutilizadas da cidade