A vicerreitora do Campus de Lugo, Montserrat Valcarcel, acenderá, este venres, as luces do nadal
O coñecido xornalista José Luis Ramudo actuará como mestre de cerimonia durante o acto
Serán 406 motivos luminosos que se instalarán en total de 69 rúas da cidade
Lugo, 1 de decembro de 2021. O acto, que será promovido pola Concellería de Cultura, servirá para dar o pistoletazo de saída ao nadal na cidade. A vicerreitora da USC no campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, e fará de conductor o afamado xornalista José Luis Ramudo. O Alumeado de Nadal permanecerá en funcionamento ata o 9 de xaneiro de 2022, en horario de 18:00 a 00:30 horas durante a semana, e de 18:00 a 03:00 as fins de semana e vésperas de festivos.
Este ano colocaranse nas distintas rúas e prazas un total de 189 arcos luminosos e 30 elementos ornamentais. Ademais, decoraranse 100 farolas. Entre os elementos ornamentais, destacan a instalación dunha figura en 3D na praza de Santo Domingo, preto da Praza de Abastos, que contará como mínimo con 2.600 puntos de luz e a decoración de 4 rotondas da cidade con árbores de 8 metros de altura e 1.900 puntos de luz. Noutras prazas, instalaranse outros motivos en 3D cun mínimo de 2.000 puntos de luz ou árbores de 3 metros de altura e 12.000 puntos de luz.
O percorrido do Camiño Primitivo recibirá unha decoración especial e as letras Lugo Km 100 colocadas na praza do Camiño Primitivo serán decoradas con luces. A árbore da praza Maior, fronte ao Concello, terá un mínimo de 20 metros de altura e estará ubicada sobre unha plataforma de 8x8 metros, contará cun mínimo de 3 figuras para poder utilizalo como photocall e 15.000 puntos de luz.