Rubén Arroxo informou que a Palabra do Ano 2022 é comadre
Arroxo: “Lugo é a única cidade que conta cunha rúa adicada á palabra do ano e instalaremos comadre na rúa Menorca”
A Real Academía Galega informou que comadre foi recoñecida como a palabra do ano para o 2022
Lugo, 27 de decembro de 2022. O Tenente Alcalde do concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que a palabra do ano no 2022 será comadre. Ferreiro afirmou que “contnuamos esta intervención artística que puxo en valor un símbolo tan importante como a lingua galega, e convertiu a rúa Mallorca nun atractivo turístico máis de Lugo”. Arroxo sinalo que “Lugo é a única cidade que conta cunha rúa adicada á palabra do ano e instalaremos comadre na rúa Menorca”
"Seguiremos colocando, cada ano, a palabra que a Real Academia designe como palabra galega máis utilizada" dixo Rubén Arroxo, que engadiu "o futuro da nosa lingua está vivo e as palabras de cada ano pasan a formar parte do idioma xa que sintetizan parte da realidade de cada época".
Para a colocación das palabras, a Tenencia de Alcaldía utiliza un material duradeiro e que permitirá unha boa e sinxela visibilidade do texto. Vai acompañando a cada verba o ano no que foi nomeada pola Real Academia, no Portal das Palabras, como palabra do ano.
Palabra do Ano
A escolla da palabra do ano comezou no ano 2014, a través do Portal das Palabras posto en marcha pola Real Academia Galega e a fundación Barrié. A iniciativa pretende que a veciñanza galega escolla cada decembro unha palabra en galego que defina o ano que remata, difundindo o léxico galego.
As palabras do ano escollidas até o de agora foron corrupción, refuxiados, irmandade, afouteza, deseucaliptización, sentidiño, nós e Tanxugueiras.