Rubén Arroxo informou sobre o percorrido da Cabalgata do nadal deste ano
Sairá as 18:00 horas e sairá dende o parque da Milagrosa para chegar ao concello onde os reises recibirán a nenas e nenos
Vense de presentar o plan de tráfico para este evento e a cabalgata trancurrirá polas rúas polas que ven sendo tradicional o percorrido como Montefaro, Av da Coruña, Bolaño Rivadeneira, Quiroga Ballestero e rúa da Raiña
Lugo, 27 de decembro de 2022. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Ruben Arroxo, informou que se ven de presentar o plan de tráfico para a cabalgata de reis que se celebrará o vindeiro dÃa 5 de xaneiro de 2023. Arroxo explicou que “a cabalgata transintará polas rúas polas que ven sendo tradicional o percorrido como Montefaro, Av da Coruña, Bolaño Rivadeneira, Quiroga Ballestero e rúa da Raiña. A cabalgata sairá ás 18:00 horas e sairá dende o parque da Milagrosa para chegar ao concello onde os reises recibirán a nenas e nenos. A súa chegada ao concello está estimada para as 19:15 horas.
Na súa chegada ao concello serán as suas maxestades quenes reciban a nenas tras a lectura, na balconada do concello, do habitual escrito real. Durante a duración de cabalgata, dende as 18:00 horas ata chegada, haberá animación diante do concello para facer máis levadeira a espera polos reis de oriente. A Cabalgata, titulada A Gran Viaxe, realizará o seu percorrido e contará con 4 carrozas e 11 espectáculos chegados a Lugo desde distintas partes do mundo. Acompañando aos Magos, contarase con espectáculos que reflexarán a viaxe que fan desde Oriente, representando ás cousas, animais e persoas que atopan polo longo camiño, acompañados de música, danza e teatro.
Durante o desfile polas rúas de Lugo repartiranse 2.000 quilos de caramelos, e as nenas e nenos que saúden aos Magos de Oriente no Concello recollerán un dos 3.000 cornetes de lambetadas, que levarán tamén un pequeno xoguete como recordo da chegada dos Magos a Lugo.
O Goberno de Lugo conta coa colaboración dun gran número de empresas locais que quixeron colaborar en facer deste dÃa unha data inesquecible para as nenas e nenos. Maite Ferreiro agradeceu a colaboración de Gadisa, Carrefour, Renault, Abanca e Caixa Rural, que colaborarán de diferentes xeitos para facer posÃbel esta xornada.