A PROGRAMACIÓN INCLÚE A VOLTA DE ACTIVIDADES COMO O DESFILE DO GANDO OU O DESFILE DO TRAXE TRADICIONAL, CON MÁIS DE 100 ACTIVIDADES RELACIONADAS COA MÚSICA

Rubén Arroxo, Iria Castro e Maite Ferreiro presentan un programa de San Froilán con preto "de 200 actividades diversas pensadas para todas e todos os lucenses"


A programación inclúe a volta de actividades como o desfile do gando ou o desfile do traxe tradicional, con máis de 100 actividades relacionadas coa música

Ferreiro anunciou a Paula Matheus, Coque Malla e Milladoiro como "os tres grandes concertos dos últimos días das festas"

O programa de festas inclúe actividades previas ao San Froilán, e preto de 20 actividades deportivas que se celebrarán en Lugo ao longo do mes de outubro

Rubén Arroxo, Iria Castro e Maite Ferreiro presentan un programa de San Froilán con preto "de 200 actividades diversas pensadas para todas e todos os lucenses"



Lugo, 24 de setembro de 2024. Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo, xunto coa concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e a deputada de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística, Iria Castro,  presentaron o programa das festas de San Froilán 2024, "a volta da gran festa do outono galego, que entre o 4 e o 12 de outubro encherá as rúas de Lugo con preto de 200 actividades distintas, máis da metade delas musicais, dando lugar a un programa do San Froilán no que todas as veciñas e veciños de Lugo atoparán unha actividade do seu gusto", afirmou Maitee Ferreiro, que engadiu "as agrupacións locais terán o protagonismo nos concertos e nas actividades de rúa, con máis de 50 grupos de Lugo durante os 9 días de festas e concertos de primeiro nivel". Ferreiro agradeceu a implicación aos patrocinadores privados "que colaboran cada ano para facer un San Froilán mellor".

A volta da gran festa do outono galego contará con actividades tradicionais como o desfile do traxe tradiciona, que este ano celebra a súa 52 edición ou o desfile do gando, que terá lugar o 4 de outubro a partir das 18 horas. Ferreiro destacou que a cultura tradicional galega conta, como cada ano, cun "importante peso" na programación das festas. "Como administración, é o noso deber traballar na conservación e promoción dos nosos elementos culturais máis relevantes".O programa inclúe actividades xa consolidadas neste eido, como o XXII Festival de Música Tradicional de Cántigas e Frores; a Verbena Galega D'antes; ou a XXVI Mostra de Música Tradicional Galega do Domingo das Mozas, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos que animará as rúas do casco histórico con máis dunha ducia de agrupacións tradicionais.

As familias contarán con 15 actividades de calidade, que se celebrarán tanto na carpa do aparcadoiro do Seminario como nas rúas de Lugo dentro do San Froilán Miúdo. En total, o programa conta con 50 concertos en escenario e preto de 90 actividades de rúa, con pasarrúas, espectáculos itinerantes, maxia, humor e animación nos barriosm ademais de 20 actividades deportivas ao longo de todo o mes de outubro.

Ferreiro anunciou tamén os tres grandes últimos concertos que pecharán o San Froilán, os días 11 e 12 de outubro. Trátase de Coque Malla (11 de outubro, 22:00, Seminario), Paula Matheus (12 de outubro, 21:00, Santa María) e Milladoiro que celebra o seu 45 aniversario en Lugo o 12 de outubro ás 22:00 na praza Horta do Seminario, completando unha programación "con diversos xéneros musicais e artistas emerxentes e consolidados.

A deputada Iria Castro destacou que a colaboración co San Froilán responde ao compromiso da Vicepresidencia da Deputación coas festas e celebracións populares como parte do noso patrimonio cultural.  "O San Froilán é unha festa da cidade, pero é unha festa das comarcas de Lugo e unha festa do todo o país, con 270 anos de historia, polo que o seu valor como manifestación cultural é indubidable". Desde a Vicepresidencia da Deputación, explica Castro, "colaboramos na organización de espazos consolidados dentro da axenda das festas, como a feira gandeira, a feira do mel ou a máis recente feira da olería, e tamén colaboramos coa axenda musical e lúdica, procurando unha actividade cultural plural e de calidade, que ofreza propostas para todos os públicos".


Maite Ferreiro e Iria Castro criticaron a colaboración da Xunta de Galiza nas festas do San Froilán. A deputada de Cultura lembrou que, mentres que a D

eputación de Lugo achega 150.000€ ás festas, a colaboración da Xunta continúa a ser de 25.000€ "unha cantidade irrisoria para as festas máis importantes de Lugo", afirmou Iria Castro. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, afirmou que "este ano investíronse máis de 2 millóns de euros no Son do Camiño e para o San Froilán só se aporta o 0,86% desta cantidade". Ferreiro afirmou que "ano tras ano reclamamos á Xunta maior investimento no San Froilán e sempre nos atopamos con excusas de mal pagador, para non dar un apoio institucional á altura do San Froilán".

Maite Ferreiro presentou os datos do San Froilán e do Son do Camiño. Mentres desde a Xunta se concedeu un patrocinio publicitario dado pola Axencia de Turismo de Galiza á empresa Old Navy y Esmerarte UTE para a organización do festival O Son do Camiño 2024 de 2.904.000€, mediante un contrato formalizado o pasado 1 de abril. O convenio asinado para o San Froilán 2024 supón unha achega de 25.000€, "só un 0,86% do orzamento do Son do Camiño é o que se destina ao San Froilán", destacou Maite Ferreiro.

 

 

Coque Malla, venres 11 de outubro ás 22:00 na praza Horta do seminario


Coque Malla triunfou durante os 90 con Los Ronaldos, grupo que se caracterizaba polas súas letras desacaradas, riffs descarnados e actitude vacilona. Con eles grava 5 discos de estudo antes da súa separación no 97 a partir da cal Coque comeza a súa carreira en solitario. Entre o 2005 e o 2007 Los Ronaldos volven para unha xira por todo o estado para despedirse definitivamente no 2008, comezando no 2009 a "nova" carreira de Coque en solitario xa que o mellor do seu talento ainda estaba por chegar. Trala separación do grupo, coñecimos ao Coque Malla adulto, un ser infinitamente máis inquedo e capaz de facer un disco cantado a dúo con dez mulleres ou de lanzarse á salsa para homenaxear ao gran Rubén Blades. Os seus diferentes traballos son unha mostra de ata ónde chega o alcance dun músico que ainda conserva certo aire "travieso" e un aura de seductor que sobreviviu a toda unha era do pop español.

Paula Mattheus, sábado 12 de outubro ás 21:00 na Praza de Santa María

Paula Mattheus é unha cantautora cun aire fresco, moita personalidade e gañas de aproveitar todo o que a música poda ofrecerlle.
Pertencente a unha nova onda de xoves artistas autodidactas, posúe unha voz persoal e única. Paula leva toda a súa vida expresándose a través das súas letras, primeiro en forma de cartas e logo en forma de cancións desde que empezara a tocar a guitarra e descubrira o seu amor pola música.  Ademáis de compoñer os seus propios temas, é músico, toca a guitarra acústica e eléctrica, ademáis do piano e aos poucos vaise gañando o cariño e a admiración de industria e público.
No 2021 presenta o seu primeiro EP "Veintitantas Primaveras". Producido por Ismael Guijarro (Rozalén, Alba Reche) e Juan Guevara (Juanes, Luis Fonsi, Raphael.
Logo de arrasar coa súa xira, lanza en novembro do 2022 "Mi concierto en el balcón", o seu primeiro álbum, destacándoa coma unha das grandes revelacións do pop do estado español.
No 2023, lanzou sinxelos como ; "Con Cada Luna" , "Vale la pena", ou "Me pasaste tú".
No 2023 Paula tamén arrancou cunha extensa xira coa que percorreu numerosas salas e prazas de todo o estado así como festivalis tan importantes como El Jardín de las Delicias (Madrid), Festival de Luz (A Coruña), Polar Sound (Baqueira Beret) o Riviera Sound (Tudela).

Milladoiro - 45º Aniversario, sábado 12 de outubro ás 22:00 na praza Horta do seminario.

Tres levaban percorrendo Galiza nas romarías, nas festas, nos teatros... sempre en contacto cos vellos gaiteiros herdeiros directos da tradición: Os Campaneiros, os irmáns Garceiras, os Areeiras, os Rosales e un longo etcétera foron colegas, mestres e compañeiros. Son Xosé V. Ferreirós, Nando Casal e Ramón García Rei que formaban "Faíscas do Xiabre", grupo de música tradicional nacido á beira do Ulla, en Catoira, que deixou un fermoso disco titulado "In Memoriam".
Doutra banda estaban dous músicos que anos antes colleran a teima das sonoridades e instrumentos medievais. Naquela época a zanfona, a cítola, a ocarina, o freixolé converteron os seus pasos nunha especie de peregrinaxe por Galicia adiante buscando quen as tiña, quen as facía, onde se podían atopar. Eran tempos non abondosos e a inquedanza era testemuño dunha realidade precaria, pero aínda así apostaron por emprender o camiño. Son Rodrigo Romaní e Antón Seoane. Froito do seu traballo naceu o disco "Milladoiro", Premio da Crítica no ano 78.
Coñeceron a quen nese tempo botaba a andar o cerne do futuro Grupo de Cámara da Universidade de Compostela. Fondos musicais de catedrais e arquivos de música antiga eran o seu afán, e así pasaron de cinco a seis coa chegada de Xosé A.Milladoiro no 84 Méndez. Tan só faltaba atopar violinista, tarefa case que imposible na Galicia de entón, mais a emigración foi xenerosa e devolveu ao país a quen marchara no seu día: Laura Quintillán, violinista de Milladoiro nos anos 79 e 80. Posteriormente substituída por Michel Canada.
Actualmente o posto de violinista na formación vén sendo ocupado por Harry.c.
No ano 2000, producese a incorporación do guitarrista Manu Conde.
Chegan a Lugo este outubro inmersos na xira para celebrar o seu 45 aniversario. Historia pura da música tradicional deste país.

Rubén Arroxo, Iria Castro e Maite Ferreiro presentan un programa de San Froilán con preto "de 200 actividades diversas pensadas para todas e todos os lucenses"